Regalo Azul: diferente e solidario
"Queremos darvos as grazas por esta iniciativa tan solidaria e accesible, na que puidemos participar. Decidímonos polo Regalo Azul, porque estabamos a darlle voltas á idea de que a nosa voda tivese algo diferente e solidario, xa que normalmente, nunha voda nós sempre tiveramos a sensación de que era un gasto importante de diñeiro, e de aí nada vai para a xente que realmente o necesita"
"Por iso decidímonos e estamos moi contentos e satisfeitos. Ademais, os nosos convidados estaban encantados coa idea e de feito dixéronnos que era o mellor regalo que lles podiamos facer.Houbo xente que nos preguntou como podiamos facelo e remitímosvoslles. Grazas! " Os que escriben isto son Ana Rosa e Pedro, unha parella que decidiu facer un Regalo Azul de UNICEF como detalle o día da súa voda. Ademais de ser un regalo especial para os convidados, podemos axudar os nenos máis vulnerables. O proceso é moi sinxelo. Só hai que elixir a subministración, que poden ser vacinas contra o sarampelo, mosquiteiras contra a malaria ou lapis para as escolas, e UNICEFenvíao aos nenos que máis o necesitan. Co Regalo Azul, nunca os teus regalos chegaran tan lonxe...
“Podedes encontrar máis información na nosa web de Regalo
Azul.