Regalo Azul: un recordo solidario para a comuñón de Martin
Hai xa case un ano que Martin fixo a súa primeira comuñón. Queriamos que o noso fillo e todos os convidados se levasen un recordo inesquecible dun día tan especial. E creo que o conseguimos.
Somos socios de UNICEF e,
sempre que podemos, colaboramos en programas de axuda áinfancia máis vulnerable. Pensando en como
poderían ser os recordatorios da comuñónde Martin,
buscamos a ver se UNICEF ofrecía
esta posibilidade, como fai coas felicitacións de
Nadal.
Puxémonos moi contentos cando soubemos que tamén existe a opción de facer Regalo Azul para as comuñóns. Regalo Azul é a mellor forma de converter unregalo de aniversario, voda, comuñón, etc., nun xesto solidario que cambia a vida dos nenos que máis o necesitan e nun gran recordo para quen o recibe.
Falamos con Martin para
ver que lle parecía a idea de que os seus amigos e familiares
recibisen un Regalo Azul como recordo da súa
comuñón. Deseguida estivo de acordo, ten unha gran
sensibilidade para estes temas.
Compralo foi moi doado. Metémonosna web e o primeiro que fixemos foi elixir o produto que queriamos enviar os nenos. Por cada tarxeta de recordo para os convidados á comuñón de Martin,os nenos que máis o necesitan ían recibir10 cadernos e 10 lapis para poder seguir estudando.
Despois eliximos como queriamos que fosen as tarxetas. Haidistintos modelos ou tamén se poden personalizar se o prefires. Chegaron a tempo e sen problemas, listas para o gran día. Aos nosos familiares encantoulles a idea e Martin puido entregarlles os recordatorios directamente aos seus amiguiños.
A experiencia foi moi boa. Creo que non hai mellor ocasión que a comuñón para facer esta reflexión co teu fillo ou filla. E non só acomuñón, os aniversarios, asvodas, e o Nadal tamén son bos momentos para regalar Regalo Azul e cambiar a vida dos nenos que máis o necesitan.
Por iso, animo a todos as mamás e papás que aínda non teña recordo para os convidados da comuñón dos seus fillos a elixir unha opción solidaria. Tamén aos noivos e noivas que vaian casar este verán. E a todos os que queiran facer un regalo. Regalade Regalo Azul!
Post de Laura, mamá de Martin