República Centroafricana: 41 nenos liberados de grupos armados

Espéranse novas liberacións grazas ás negociacións entre UNICEF e o Presidente da República Centroafricana

Corenta e un nenos teñen sido liberados nos últimos dous días na capital, Bangui, tras unha serie de reunións mantidas entre UNICEF e o Presidente da República Centroafricana, Michel Djotodia. Os nenos liberados, dos que sete son nenas, teñen entre 14 e 17 anos.

"A liberación destes nenos é só o primeiro paso.Comprometémonos a asegurar que todos os nenos recrutados por grupos armados da República Centroafricanasexan liberados e reintegrado na sociedade, e aseguráronme que podemos esperar que se dean a coñecer máis liberacións de nenos nos próximos días e semanas", dixo o Representante de UNICEF no país,Souleymane Diabate.

UNICEF está a traballar co goberno daRepública Centroafricana para identificar, liberar, reunificar e reintegrar aos nenos que foran recrutados polas forzas Seleka e outros grupos armados asociados a eles. Estamos moi motivados pola colaboración do Goberno, que expresou o seu compromiso de adoptar medidas urxentes," agregou Diabate.

Os recentes enfrontamentos producidos provocaron un forte aumento do número de nenos recrutados en todo o país. Antes da crise,UNICEF estimaba que había máis de2.000 nenos vinculados a forzas e grupos armados. A violencia e a inseguridade fan que os nenos sexan máis vulnerables ao recrutamento, ao ser separados das súas familias, desprazados dos seus fogares e por non ter acceso a servizos básicos nin a educación.
 

Os 41 nenos encóntranse agora nun Centro de Tránsito e Apoio de UNICEF, onde teñen acceso a educación básica, actividades deportivas, formación profesional e apoio psicosocial, mentres se localizan os seus familiares e prepárase o seu regreso á casa. Ata o luns desta semana, 15 nenos encontrábanse no centro, no proceso final antes de ser reunificados coas súas familias ao norte do país.


En 2012, UNICEF e os seus aliados liberaron e reunificaron 345 nenos vinculados a grupos armados. Dende 2007, máis de 1.000 nenos e nenas foron liberados de grupos armados co apoio deUNICEF.


Non obstante, debido á deterioración da situación humanitaria, as necesidades aumentaron considerablemente dende decembro de 2012. A magnitude da crise humanitaria é tal que UNICEF necesita financiamento inmediato para responder nos próximos meses ás necesidades urxentes dos nenos afectados polo conflito.