República Centroafricana: Como son os traballadores humanitarios?

Post de Madeleine Logan / UNICEF República Centroafricana
 
Pasar varias horas dentro do coche, rebotando nas estradas cheas de fochancas, é unha das poucas posibilidades que teñen os compañeiros de UNICEF en República Centroafricana para poder falar entre eles, lonxe da tensión diaria de traballar nunha situación de emerxencia humanitaria Nivel 3 (o máximo nivel de emerxencia que recoñece Nacións Unidas).

A semana pasada, participei nunha viaxe de avaliación a Sibut - un pobo a tres horas da capital de República Centroafricana, Bangui. Pero, esta vez, en lugar de centrarme no que sucedeu cando chegamos a Sibut, quero falar sobre algúns dos compañeiros cos que compartín a viaxe.
 

República Centroafricana: traballar no medio dun conflito

Bob McCarthy, Xefe de Emerxencias en UNICEF República Centroafricana
Bob
 
Bob chegou a República Centroafricana 4 días despois do golpe de estado en marzo do ano pasado. El é un dos 4 traballadores humanitarios de UNICEF que quedaron no país, cando o persoal foi evacuado a Camerún.

Traballou para UNICEF durante case un cuarto de século, na primeira liña da resposta humanitaria en Etiopía, Kenia, Somalia e Sudán. "Hai que ser absolutamente optimista neste traballo. Non hai lugar para os pesimistas", explica.
 
Gilberte Amari, Especialista en Educación en UNICEF República Centroafricana
Gilberte
 
"Estudei moito e os meus pais sufriron moito para enviarme á escola". Gilberte converteuse en mestra e logo en especialista en educación con UNICEF.

Tivo que sacrificar tempo lonxe dos seus cinco fillos, de entre 6 e 23 anos, para traballar en República Centroafricana - un destino non apto para menores. "Falo cos meus fillos todos os días ao mediodía e cada noite", explica.

O seu compromiso de axudar a reconstruír o sistema educativo na República Centroafricana está vinculado á súa crenza de que a educación pode transformar vidas. "Non é o que es hoxe o que che define, é o que queres ser e a túa capacidade para ser máis", sinala.
 
 
 
Orohi Yoro, Coordinador do traballo humanitario en UNICEF República Centroafricana
Orohi
 
Antes de trasladarse á República Centroafricana, Orohi Yoro estivo na primeira liña da resposta humanitaria no seu país de orixe, Costa do Marfil.

A Orohi tocoulle, por exemplo, traballar despois da crise que houbo no bienio 2010-2011, foi atacado a punta de pistola e testemuña de actos horribles de violencia perpetrados na selva.

El explica que a pesar de todo a súa paixón por defender os dereitos dos nenos, incluíndo a liberación dos nenos dos grupos armados, foi o que lle sostivo e o que lle segue inspirando día a día no seu traballo.
 
 
 
 
 

República Centroafricana: Máis de 150 traballadores de UNICEF despregados na zona

Máis de 150 membros do persoal de UNICEF traballan nestes momentos na República Centroafricana.

Todos eles teñen as súas propias historias sobre o que lles inspira, e o que tiveron que sacrificar co fin de traballar no medio dunha crise violenta, onde pon o risco da súa propia seguridade para axudar aos demais.

O único que teñen en común é o compromiso de promover os dereitos dos nenos, en todas partes, en todo o que fan.

Coñece máis sobre o noso traballo en República Centroafricana.