República Centroafricana: a educación é un paso cara á paz

Por Souleymane Diabate, representante de UNICEF en República Centroafricana. 

Non podiamos ver o interior da aula na escola do asentamento para desprazados Saint Charles Luanga en Bangui (República Centroafricana). Estaba pechada.

 

Os colchóns, maletas, cazolas e cubos amoreábanse contra a ventá. Para poder mirar dentro, o meu compañeiro Bart subiu á esquina dun colchón de cores onde unha familia establecera o seu fogar naquel campo que crecía rapidamente.Vinte mil persoas están a vivir nos terreos daigrexa e a escola, a maioría delas nenos. Foi a semana seguinte á miña chegada a Bangui. Estaba a visitar os asentamentos máis grandes xunto cos meus compañeiros do sector de educación.UNICEF está a instalar espazos temporais de aprendizaxe en campos de desprazados como o de Saint Charles Luanga, para os nenos que tiveron que deixar o colexio tras o inicio do conflito en decembro. O cura que xestiona as instalacións levounos ao interior dunha das aulas do colexio pechado. Estaba chea de debuxos, decoración e pósteres feitos a man. As cousas dos alumnos seguían nos seus despachos e os pupitres estaban cubertos de po. Na lousa, escrita pulcramente e en cursiva, estaba a data: 4 de decembro, o día antes de que a loita estalase na capital, Bangui.Os alumnos non volveron dende entón. Escoitamos disparos mentres estabamos na aula deserta. Dixéronme que era normal oír tiros cada poucas horas nesta parte da cidade.

REPÚBLICA CENTROAFRICANA: VOLVER Ao COLExIO é ESENCIAL

O cura accedeu a reabrir as aulas para os nenos do asentamento. UNICEFproporcionaralles materiais educativos e formación para os profesores. Noutros asentamentos onde non se dispón da mesma infraestrutura, UNICEF está a apoiar a construción de espazos temporais de aprendizaxe en carpas. Todas as clases reciben o kit escola nunha maleta con xoguetes, libros, materiais de ensino e mesmo raios que os profesores poden sintonizar para dar clases a distancia.Continuar as súas clases é esencial para os nenos atrapados no medio dun conflito. Dálles sensación de normalidade, estabilidade e un lugar seguro no que aprender, lonxe do risco de ser recrutados por grupos armados e doutras formas de explotación como o traballo infantil e o abuso sexual. Se a educación non se continúa pronto nunha crise, unhaxeración enteira pode quedar sen educación e sen preparación para contribuír á recuperación da súa sociedade. As aulas temporais son só unha solución a curto prazo. Aprioridade de UNICEFé apoiar o novo goberno do país na reapertura das escolas tan pronto como a situación de seguridade se estabilice. A volta segura de todos os alumnos e profesores ao colexio é un paso crucial no camiño cara á paze a reconciliación en República Centroafricana.