República Democrática do Congo: miles de nenos foxen da violencia
A recente violencia preto da localidade de Kamango no leste da República Democrática do Congo, obrigou máis de 66.000 congoleses, aproximadamente o 55 € dos cales son nenos, a buscar refuxio na veciña Uganda.
Nenos separados das súas familias
Polo menos 37.037 nenos refuxiados foron rexistrados pola Cruz Vermella de Uganda, dos cales 122 son menores de idade non acompañados que foron separados das súas familias como consecuencia da violencia. Ata agora, uns 63 menores de idade non acompañados reuníronse cun membro da súa familia.
A situación humanitaria
que enfrontan moitos nenos no leste de República Democrática do
Congo segue sendo moi grave. Ata xuño de 2013, estímase que 4.500
nenos permanecían nas filas das forzas e grupos armados, entre eles
uns 2.000 na provincia de Kivu do
Norte. Ningún dos responsables do recrutamento foi procesado ata
agora. UNICEF tamén recibiu informes
de nenos mortos ou feridos como consecuencia directa dos conflitos
actuais.
Falta de acceso humanitario
Hoxe en día, o acceso humanitario vese gravemente obstaculizado no leste da República Democrática do Congo, o que fai difícil a UNICEF e os seus aliados dar asistencia aos que máis a necesitan. Dende 2011 documentáronse 376 casos de denegación de asistencia humanitaria e foron atacadas 113 escolas e instalacións médicas polas partes involucradas no conflito. A tendencia é á alza e UNICEF fai un chamamento a todas as partes para asegurar que os nenos estean protexidos contra toda forma de violencia, explotación e abuso.
o traballo de UNICEF
En Uganda, UNICEF está a responder ás necesidades inmediatas dos nenos refuxiados congoleses, distribuíndo kits de escolas nunha maleta e apoiando a reanudación das clases nas escolas, aloxando os refuxiados, creandoEspazos Amigos da Infancia, proporcionando subministracións de saúde, así como vacinas e subministracións que salvan vidas, auga, saneamento e hixiene.
Nos últimos dous anos e
medio en República Democrática do Congo, UNICEF e os seus aliados axudaron a 10.152 nenos
involucrados en forzas e grupos armados, con custodia temporal,
reunificación familiar e reintegración socioeconómica. Máis de
16.000 nenos recibiron apoio psicosocial e tratamento
médico.
UNICEF necesita preto de 7,5 millóns de dólares
(uns 5.650.000 euros) para continuar brindando axuda humanitaria
aos nenos refuxiados congoleses en Uganda ata final de ano, ademais
son necesarios 78 millóns de dólares (uns 58.775.000 euros) para
continuar as operacións humanitarias na propia República
Democrática do Congo.