Reto ‘Champions for Africa’

Salvar a vida de 10.000 nenos no Corno de África é o reto que persegue este partido solidario na súa cuarta edición.

Valencia será a sede, o próximo 29 de decembro, da cuarta edición do encontro Champions forAfrica, no que se medirán os equiposAFRICA UNITED - unha selección de xogadores, na súa maioría de orixe africana, capitaneada polo sevillistaFrederic Kanouté, eSELECCIÓN CHAMPIONS, un combinado formado por xogadores da Liga Española.Organizada por UNICEF España e a Fundación Kanouté,Champions for Africa é unpartido de fútbol solidario que une ásgrandes estrelas do fútbol nacional e internacional nun esforzo conxunto por poñer en primeiro plano a desesperada situación na que se encontran millóns de nenos e nenas en África. O destino dos fondos obtidos nesta cuarta edición deChampions for Africa serápaliar os efectos da emerxencia nutricional que sofre Corno de África e que afecta a 13,3 millóns de persoas, a metade deles nenos. Nestes momentos, aproximadamente 360.000 sofren desnutrición aguda grave na rexión, e necesitan tratamento urxente. O lema do encontro "Os verdadeiros campións aparecen nos partidos importantes. BE A CHAMPION"fai referencia ao feito de que é necesario conseguir 50.000 espectadores nas bancadas de Mestalla para obter os fondos necesarios para dar tratamento a 10.000 nenos con desnutrición aguda grave.  

 
Cómo conseguir unha das localidades para o partido
As entradas están dispoñibles nos despachos doCamp de Mestalla, astendas oficiais da Valencia CF, a rede de caixeiros ServiCaixa e www.servicaixa.com, Ticketmaster e puntos de venda Fenamix, con prezos populares entre os 5 e os 20 euros.No contexto da Capitalidade Europea do Deporte 2011, a cidade de Valencia quixo involucrarse neste proxecto de forma activa a través da Fundación Deportiva Municipal. O Valencia CF, anfitrión, ao igual que o resto de clubs profesionais da Comunidade-Levante UD, Villarreal CF, CDAlcoyano, Hércules CF e ElcheCF- xogarán un decisivo papel grazas á súa xenerosa implicación no proxecto. A iniciativa afronta o seu cuarto ano de vida: primeiro foiSevilla, en 2008, con máis de 32.000 persoas congregadas no estadio Sánchez Pizjuán. Despois, nos anos 2009 e 2010, en Madrid, nos estadios Santiago Bernabéu e Vicente Calderón, onde, malia as difíciles condicións meteorolóxicas, máis de 40.000 persoas gozaron das evolucións da interminable lista de grandes futbolistas: Kanouté, Casas, Sergio Ramos, Vila, Mata, Canales, Albelda, Javi Venta,Valdo..., baixo as ordes deJavier Clemente, Luis Aragonés, Mourinho, Antic eMichel.  
 
 
Máis información en www.championsforafrica.es