RTVE, concienciada coa infancia
Ao longo desta semana e ata o domingo, 20 de novembro, Día Universal do Neno, RTVE celebra a súa quinta edición da semana Concienciados coa Infancia, en colaboración con UNICEF España e con outras once organizacións de infancia que participan na iniciativa.
Como en edicións anteriores, os principais medios da Corporación RTVE traducen o seu compromiso público coa infancia na difusión de contidos a través de programas, entrevistas, reportaxes e documentais co obxectivo de dar visibilidade á situación da infancia no mundo cando se cumpren 22 anos dende que Nacións Unidas aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno.TVE, RNE e RTVE.es conmemoran este aniversario dando voz aos nenos e a persoas que día a día traballan para conseguir mellorar as condicións de vida de nenos e nenas vulnerables e con dificultades de acceso aos seus dereitos, en España e no resto do mundo. Dende primeira hora do luns pasado, Concienciados coa Infancia inunda aprogramación de TVE. Revistas e programas de La 1 eLa 2 abren ventás á infancia con reportaxes de denuncia, entrevistas e outros espazos aos que poñen voz personaxes públicos solidarios e personaxes como Pocoyó, que se uniu á proposta dedicando unhas pezas específicas aos dereitos dos nenos. Os principais programas de RNE levan toda a semana ofrecendo entrevistas con nenos que superaron difíciles situacións en España grazas ao traballo de organizacións de infancia. A radio pública tamén escoitou a voz de persoas que dedicaron a súa vida aos nenos menos afortunados.RTVE.es e os Interactivos contribúen a Concienciados coa Infancia con encontros dixitais e a difusión de vídeos dirixidos aos máis pequenos, para que coñezan os seus dereitos e a situación de nenos que viven noutros países.
Premio UNICEF España a RTVE
RTVE recibiu o PremioUNICEF España Comunicación a favor da Infancia 2009 polo seu continuado compromiso co fomento dos dereitos da infancia a través da semana Concienciados coa Infancia, pero tamén pola campaña de RNE Un xoguete, unha ilusión e por manter en antena dende 2005 a Lunicef,personaxe de Los Lunnis creado porTVE e UNICEF. En 2010 Informe Semanal recolleu este mesmo premio pola reportaxe Niños sen dereitos, emitida durante a terceira edición desta iniciativa solidaria e de servizo público.