Sahel: 250.000 nenos tratados contra a desnutrición
Durante os catro primeiros meses deste ano case 250.000 nenos menores de cinco anos recibiron tratamento contra a desnutrición aguda grave, como parte do traballo de UNICEF para facer fronte á emerxencia nutricional na zona. Sen embargo,aún séguense necesitando fondos para chegar a todos os nenos afectados pola grave crise nutricional que afecta á rexión.
Calcúlase que polo
menos 1,1 millóns de nenos necesitarán tratamento,
polo que o número de centros especializados, capaces de facer
fronte á crise, aumentou a 5.200. Nos próximos tres mesesprevese que as necesidades dos nenos aumenten,
porque a rexión se encontra agora no período de maior seca e aridez
do ano.
Ademais, o conflito en Malí,
que obrigou 170.000 persoas a fuxir dos seus fogares cara
a tres países veciños, está a crear novas demandas e problemas para
garantir o acceso seguro da axuda. Outras 167.000 persoas víronse
obrigadas a desprazarse a outras partes do país.
Necesidade de fondos para seguir salvando vidas
Para o que queda de
ano, UNICEF necesita 146 millóns de
dólares (116,45 millóns de euros) para seguir traballando nunha
resposta completa e integrada ás necesidades da crise nutricional,
da emerxencia de Malí e a ameaza da
cólera e outras epidemias. Ata o momento conseguíronse 93 millóns
de dólares (74,04 millóns de euros) para o traballo de emerxencia
de UNICEF na rexión.
"Non hai dúbida de que os fondos conseguidos a
principios deste ano nos axudou moito para estar preparados e
salvar vidas", dixo o Director de UNICEF para África Occidental e Central,Manuel
Fontaine.
"En todo oSahel, estamos a facer fronte
a múltiples necesidades para salvar vidas e axudar aos
nenos, e a crise de Malí puxo
máis nenos en perigo. Ata o momento, recibimos fondos
principalmente para a resposta inmediata en
nutrición. Pero a falta de fondos para o resto do traballo
impídenos facer todo o que podemos polos nenos e os seus pais neste
momento de gran necesidade", dixo.
UNICEF ten como obxectivo dar unha resposta integral
Os nenos
que viven no norte de Malí están en
situación de risco, tendo que facer fronte a abusos, falta
de acceso á educación ou ao recrutamento en grupos armados. É
necesario fomentar os programas educativos nos
nove países afectados pola crise nutricional, porque os nenos das
comunidades máis pobres están a abandonar as escolas.
Ademais débense levar a cabo campañas de vacinación para
previr epidemias. No que vai de ano, máis de seis
millóns de nenos foron vacinados contra o sarampelo e máis
de nove millóns recibiron mosquiteiras tratadas
con insecticida para reducir o risco de malaria. É fundamental
poñer en marcha as medidas necesarias antes das chuvias, paraevitar brotes de cólera xa que a enfermidade é
endémica en moitas zonas afectadas pola crise.
Segundo Nacións Unidas, preto de 18 millóns de persoas
están afectadas pola crise alimentaria nos nove países deSahel. UNICEF advertiu, a finais do ano pasad,o que entre
1 e 1,5 millóns de nenos necesitarían tratamento contra a
desnutrición aguda grave e fixo un primeiro chamamento á
acción.