Sahel: é urxente actuar e romper o ciclo de desastres
O Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, fixo un chamamento durante a súa visita á rexión do Sahel para pedir unha urxente escalada dos esforzos humanitarios para frear a crise, na que 1 millón de nenos están en risco.
"Esta rexión sempre está ao bordo dunha crise. Familias e nenos xa sufriron as secas de 2010 e 2005. Agora súmanse a crecente inseguridade en varios países con centos de miles de desprazados, a suba do prezo dos alimentos e unha mala colleita," explicou Lakedurante a súa visita ao oeste de Chad. "Para os nenos é máis duro agora recuperarse e resistir outrasameazas á súa saúde como a polio, o sarampelo, a meninxite e a cólera", engadiu.
Resposta de UNICEF
UNICEF mobilizou a nutricionistas e instalou centos de centros de
recuperación nutricional nos oito países do Sahel onde unhas 15 millóns de persoas
sofren as consecuencias da seca.Durante os meses de xaneiro e febreiro decenas de miles de nenos
recibiron tratamento contra a desnutrición grave en centros
nutricionais que se van ocupando rapidamente polo inicio da
'tempada de carestía', que tradicionalmente é a peor tempada do
ano, nun ámbito moi duro e con dificultades loxísticas.
A alarma sobre a crise nutricional que se aveciñaba no Sahel deuse en decembro pasado, pero a resposta
quedou por debaixo das necesidades.
#SahelNOW
Os Comités deUNICEF en 36 países lanzaron #SahelNOW, unha campaña masiva a través de redes sociais que pretende espertar a conciencia pública sobre a resposta á emerxencia e para desencadear a acción dos gobernos fronte á dura situación dos nenos no Sahel. Xunto ao Ministerio de Sanidade de Chad, UNICEF instalou 261 centros de recuperación nutricional e ten plans para duplicar este número nos próximos meses. Chad ten, ademais, o maior número de casos de polio en África e, xunto con Paquistán, é o segundo país do mundo que aínda rexistra casos de polio. Chad tamén se enfronta nestes momentos a un brote de meninxite.
UNICEF ve a actual crise como unha oportunidade nova para abordar as causas da elevada desnutrición crónica noSahel, axudando aos gobernos e as comunidades a construír uns sistemas de sanidade robustos, servizos sociais, protección social e apoiando a creación de sistemas sostibles de supervivencia e cambios de hábitos. "Non" se trata só de salvar vidas hoxe. Trátase de previr novas emerxencias no día de mañá coa nutrición adecuada no momento oportuno, especialmente para os nenos menores de tres anos, e trátase de impulsar sistemas de saúde robustos, de forma que poidamos previr outra tráxica emerxencia e os nenos non teñan que rematar en centros nutricionais," dixo Lake.