Sahel: as ONG españolas demandan unha resposta ante a crise alimentaria
As ONG españolas lanzan a voz de alerta: "se non actuamos con urxencia, podemos enfrontarnos a outra fame en África. Sería a segunda declarada no século XXI e afectaría a máis de 15 millóns de persoas. Aínda estamos a tempo de evitalo".
Nun encontro entre organizacións que traballan na zona do Sahel e xornalistas, as ONG españolas demandaron actuacións rápidas, coordinadas e efectivas e que, ademais, contemplen medidas que fagan fronte ás causas estruturais que xeran este tipo de crises humanitarias na rexión. "Non podemos caer nos mesmos erros que caemos no Corno de África, onde soaron as alarmas, pero non actuamos a tempo,". As leccións aprendidas de situacións similares demostran que é necesario actuar de xeito rápido e coordinado para salvar vidas. "Trátase de actuar ante a crise alimentaria. É máis doado previr a desnutrición que curar unha fame", así declarou Abdou Ramatou, membro da Rede de organizacións Campesiñas e Produtores Agrícolas de África Occidental.Baka Hassane, da Rede de Organizacións de Agricultores e Pastores no Sahel, foi moi claro: "non se pode evitar a seca, pero si a fame".
a crise pode empeorar no mes de xuño
Máis de 15 millóns de persoas enfróntanse a unha grave crise alimentaria que pode empeorar no mes de xuño pola escaseza de chuvias. Máis dun millón de nenos e nenas padecen desnutrición grave e os prezos dos alimentos chegan a ser entre un 60 e un 80% máis altos que nos últimos cinco anos. A ONU estima que se necesitan 724 millóns de dólares para facer fronte ás necesidades actuais, unha cantidade que podería aumentar a medida que avance a crise. Aínda Que algúns países xa han destinados algúns fondos (entre eles, a Unión Europea) aínda necesítase máis da metade da axuda solicitada. Os factores que provocaron esta situación son, por unha parte, conxunturais como a seca, a redución das colleitas nun 25%, o incremento dos prezos e os conflitos rexionais, como o de Mali, pero tamén estruturais como a pobreza endémica, e a alta vulnerabilidade dalgúns colectivos (mulleres, pequenos agricultores, gandeiros...) das zonas afectadas.
FORTALECER o TRABAllO COS PAÍSES DA ZONA
Ante a gravidade da situación, España, na súa función de liderado dos doadores da política agrícola rexional da Comunidade Económica dos Estados da África do Oeste (CEDEAO), ten unha responsabilidade especial en apoiar os Gobernos da rexión para responder a esta situación. É necesario que se fortaleza o traballo que se realiza cos países da zona co fin de garantir a seguridade alimentaria das poboacións; ademais, a redución do risco de desastres e a prevención de crises alimentarias deben ser cuestións centrais nas liñas de actuación que se establezan para os próximos anos na rexión.