Sahel: UNICEF participa nun encontro da Unión Europea para atallar a crise nutricional
A Directora Adxunta de UNICEF, Yoka Brandt, participou hoxe en Bruselas no encontro organizado pola Unión Europea para abordar a crise alimentaria do Sahel, que ameaza as vidas de millóns de nenos e das súas familias.
Estamos nunha carreira contra reloxo para salvar vidas antes de que a crise chegue a un pico que pode poñer en perigo ás vidas de millóns de persoas, así que este anuncio é moi ben recibido", dixo Brandt, agradecendo o anuncio feito pola Comisión Europea de aumentar a axuda humanitaria á rexión.
UNICEF espera proporcionar tratamento a 1,1 millóns de nenos
En 2012,UNICEF espera
proporcionar tratamento abondo para salvar a vida de 1,1
millóns de nenos menores de cinco anos que sofren
desnutrición aguda grave no Sahel,
onde se estima que 18 millóns de persoas, en nove
países, están afectadas pola seca e a crise
alimentaria.Brandt agradeceu aos anfitrions da
reunión celebrada en Bruxelas, a Comisaria Europea para Asuntos
Humanitarios Kristalina Georgieva e ao
de Desenvolvemento, Andris Piebalgs, o
apoio dado a UNICEF para abordar tanto
a crise actual que atravesa o Sahelcomo o seu impacto a longo prazo.
Tamén eloxiou a posta en marcha por parte da Comisión
Europea da Alianza Mundial de Resistencia (AGIR) que busca axudar á poboación doSahel a mellorar a súa
capacidade de recuperación para que poidan facer fronte
mellor a crises futuras.
nos próximos meses, aumentará o número de nenos que necesita axuda
Nos próximos tres
meses prevese un grande aumento do número de nenos que
necesitan axuda porque a rexión se encontra actualmente no
período máis seco e árido do ano. Para 2012, UNICEF necesita uns 146 millóns de
dólares (117,5 millóns de euros) para as súas operacións
de emerxencia na rexión do Sahel."Necesitamos desesperadamente os medios precisos para
salvar a vida de 1,1 millóns de nenos que se encontran en
risco de desnutrición aguda grave", dixo Brandt, quen presenciou a magnitude da crise
alimentaria durante unha recente visita a Níxer.
Este apoio axudará a UNICEF a
proporcionar unha resposta integral na rexión tendo en conta as
necesidades máis urxentes: a crise nutricional e a continua
inestabilidade en Malí, onde 167.000
persoas son desprazados internos e 170.000 fuxiron a países
veciños.