Schools for Africa: 30 millóns de nenos tiveron acceso a educación dende 2005

Xa pasaron 10 anos desde o nacemento da iniciativa Schools for Africa (Escolas para África) e os resultados son moi esperanzadores. Desde 2005, grazas a esta iniciativa, 30 millóns de nenos accederon a educación de calidade. 

 

O proxecto, que recibe o apoio daFundación Nelson Mandela e a Peter Krämer Stiftung permitiu que desde UNICEF melloremos a calidade das infraestruturas e do ensino en 13 países de África subsahariana e occidental, onde 2 de cada 5 nenos non van á escola primaria. 
 
En cada un destes países, os nosos compañeiros traballan unhas prioridades educativas en función da realidade local, pero o obxectivo principal é sempre o mesmo: conseguir que os nenos vaian ao colexio e non o abandonen.
 

SCHOOLS FOR AFRICA: A HISTORIA DE DORLYS

"Estou a estudar para os meusexames finais. O meu soño é chegar a ser matrona!". Son as palabras de Dorlys, unha risueña nova de 18 anos de Madagascar.

Hai 10 anos, cando Dorlys tiña 8, nin se queira había unha escola primaria no seu pobo. O colexio máis próximo atopábase a unha hora a pé e o camiño era moi perigoso, especialmente na época de choivas. Dorlys e e outros 250 nenos do pobo quedaban entónatrapados sen poder ir a clase.
 
En 2010, a súa vida deu un xiro coa apertura dun colexio no pobo que desde UNICEF construímos grazas á iniciativa Schools for Africa. Co apoio da súa familia e dos seus profesores, Dorlys foi unha das primeiras nenas que terminaron primaria para pasar a secundaria. 
 
"Creo que os meus estudos son o meu ben máis prezado", recoñece esta nova, que está a piques de terminar o colexio.
 

SCHOOLS FOR AFRICA: 59 MILLóNS DE NenOS No MUNDO NOn VAN á ESCoLA

Pero non todo sonhistorias con final feliz. Aínda hoxe 59 millóns de nenos non van á escola. Ademais, moitos dos que si poden ir a clase non reciben unha educación de calidade que lles permita desenvolver o seu potencial ao máximo. 
 
A equidade no acceso á educación segue sendo un reto pendente para a humanidade. A probabilidade de que os nenos dos países máis pobres non vaian ao colexio é 4 veces superior á dos nenos dos países máis ricos. 
 
Colabora connosco enSchools for Africa e axúdanos a reducir abrecha da desigualdade en educación.