Sirya: aumenta o número de nenos refuxiados
É necesario aumentar a resposta humanitaria para atender aos nenos refuxiados e as súas familias. Prevese que, antes de que finalice o ano, se terá triplicado o número de nenos e adolescentes refuxiados. Para atender ás súas necesidades urxentes, UNICEF precisa de 14,4 millóns de dólares (11,3 millóns de euros).
Con 86.000 sirios rexistrados como refuxiados en catro países- o 50% deles nenos e adolescentes- a versión revisada do Plan Rexional de Resposta a Sirya dirixida por ACNURestima que o total de refuxiados aumentará ata 185.000 en decembro de 2012.Uns 90.000 destes refuxiados serán nenos e nenas con necesidades específicas, aos que UNICEF debe chegar con vacinas, servizos de protección, auga potable e saneamento, e educación. Isto significa máis do triplo do número de nenos refuxiados previstos inicialmente. O plan de resposta revisado, lanzado onte en Xenebra nunha reunión do Foro Humanitario de Sirya, perfila unha resposta humanitaria ampliada para os nenos refuxiados sirios e as súas familias en Turquía, Xordania, Líbano e Iraq.UNICEF e os seus aliados, incluíndo os gobernos e autoridades de Xordania, Líbano, Turquía e Iraq, e as ONG sobre o terreo, veñen respondendo con eficacia para facer fronte a unha situación que evolucionou rapidamente. Un número estimado de 30.000 nenos sirios vulnerables en catro países recibiron asistencia vital ata a data.
Prioridades do traballo de UNICEF cos nenos sirios refuxiados
En educación,UNICEF traballou para que os nenos poden integrarse nas escolas públicas alá onde foi posible, como en Xordania, onde se lles concedeu acceso gratuíto. Ademais, UNICEF presta apoio con clases de reforzo onde é necesario, e proporciona aos nenos mochilas, uniformes e outras subministracións escolares. Só en Xordania, grazas ao apoio do goberno, UNICEF proporcionou oportunidades de educación a 16.500 nenos e outros membros das familias.UNICEF respondeu ás necesidades urxentes de protección de mulleres e nenosampliando os Espazos Amigos da Infancia, que ofrecen espazos seguros, educación de reforzo e formación en habilidades cotiás. O asesoramento e apoio psicosocial proporciónase mediante a formación de profesionais da saúde e traballadores sociais. Nas áreas de tránsito e comunidades de acollida onde se concentran os refuxiados, UNICEF proporcionou a7.000 sirios vulnerables servizos de auga, saneamento e hixiene, incluíndo accións de promoción da hixiene e de xestión de residuos.UNICEF quere trasladar o seuprofundo agradecemento polas contribucións recibidas ata o momento de doadores de distintas partes do mundo e está preparado para ampliar o apoio aos refuxiados sirios máis vulnerables, particularmente os nenos.