Sirya: Bashir quere volver á casa

Bashir e a súa familia fuxiron do seu fogar en Deraa, ao sur de Sirya, hai sete meses, o tempo que leva vivindo no campamento de refuxiados de Za'atari, Xordania.


"Boto de menos todo en Deraa. Vivir aquí no campamento de Za'atari está ben, pero en Sirya estase mellor. Non quero outra cousa que volver ao noso país", di.

"gústame ir á escola"

A familia de Bashir foidas primeiras en chegar a Za'atari, que hoxe é o fogar duns100.000 sirios. Dende entón pasaron dunha tenda de campaña a unha unidade prefabricada dunha só cuarto, que se converteu no seu fogar.


A apertura da escola do campamento en outubro proporcionoulle a atención que necesitaba. Dese xeito, tan só perdeu 2 meses de clases.
Gústame ir á escola pola educación, gústame aprender inglés. Continúo aquí para non perder a miña educación", di. "Cando volvamos a Sirya, continuarei a miña educación e vou ter éxito no futuro. Quero ser médico", engade con entusiasmo.


Bashir é un dos 5.400 nenos rexistrados no colexio apoiado por UNICEF no campamento deZa'atari. Ademais de educación, a escola tamén lles proporciona algún grao de normalidade ás súas vidas, despois do estrés ao que estiveron sometidos.

Cun número cada vez maior de refuxiados sirios chegando cada día a Xordania (só en febreiro chegaban unha media de 2.200 sirios ao día), establecer máis instalacións educativas é crítico. Espérase que abra unha segunda escola a próxima semana para 5.000 nenos máis. E xa comezou a construción dunha terceira, pero pode que non chegue a abrir pola falta de fondos.


"Sen as instalacións, os nenos dispersaríanse polo campamento e aburriríanse", diBashir.


Cando non está a estudar,Bashir está nos centros para mozos do campamento, onde os nenos realizan un gran número de actividades, dende xogar ao fútbol, ao baloncesto ou pintar. A maior parte das tardes, Bashir aprende tamén a usar o ordenador.
"A educación é a luz e a ignorancia é a escuridade", di.

Alarmante falta de fondos
Bashir non é o único membro da familia que se mantén ocupado. O seu pai, Nabeel, creou un próspero negocio de venda defalafel xunto á estrada principal do campamento. Os ingresos de Nabeelaxudan a manter a familia e permítelles aforrar para o seu regreso.

Cun número cada vez maior de refuxiados, UNICEF e os seus aliados están a traballar para proporcionar auga potable, educación, servizos de saúde e protección infantil á poboación.

Non obstante,apenas recadouse o 20% dos fondos, o que pon en risco a continuidade da axuda e supón unha grave ameaza para unha xeración de nenos e nenas sirios.