Sirya: entrega de subministracións esenciais aos nenos
A pesar do agravamento da violencia e a falta de financiamento, UNICEF está a intensificar o seu traballo humanitario en Sirya para apoiar ás máis de 4 millóns de persoas que necesitan asistencia.
Polo menos a metade da poboación afectada son nenos. Moitos deles foron desprazados polo conflito, e están a vivir en refuxios colectivos con poucos recursos e, a miúdo, non teñen cubertas as necesidades máis básicas."A pesar de que a situación se deteriora, UNICEF logrou intensificar as súas operacións para entregar subministracións esenciais de axuda como mantas, roupa para nenos, artigos de hixiene, lonas de plástico, e galletas enerxéticas", dixo Abdel-Jelil Youssouf, Representante de UNICEF en Sirya. "Moitas destas subministracións foron distribuídas en operacións transfronteirizas realizadas recentemente". "Dada a situación de seguridade actual, foi un desafío enorme poder chegar a algunhas destas áreas", agregou Abdel-Jelil. "Pero grazas aos esforzos dos nosos aliados locais e do noso persoal en terreo, logramos un verdadeiro avance".
Repartición de mantas e edredóns en Sirya
Recentemente UNICEF formou parte dunha misión composta por varias axencias, que o sábado entregou un primeiro paquete de artigos vitais de axuda para 6.000 desprazados internos que se encontran en Karameh, na provincia de Idleb, no noroeste de Sirya. Algunhas das cidades ás que se chegou nas últimas tres semanas están a sufrir un conflito prolongado e severo. Na cidade setentrional de Aleppo, por exemplo, UNICEF e os seus aliados locais distribuíron 45.000 mantas e edredóns, artigos que se necesitan desesperadamente debido ao frío do inverno. En Deir Ez-Zor, Hassekele, Homs,Idleb, Al-Raqqa e Damasco, distribuíronse unhas 90.000 mantas a nenos e as súas familias, xunto con 14.000 lonas de plástico e máis de 10.000 conxuntos de roupa para nenos. EnTartus e Homs (incluíndo Talbiseh), UNICEFdistribuíu kits con materiais educativos a 7.000 nenos de 176 escolas.
Tratamento para a auga
A última entrega de subministracións coincidiu cunha operación que pretende entregar 1.000 toneladas métricas de subministracións para o tratamento de auga. O cloro é necesario para asegurar que a auga, que chega a uns 10 millóns de persoas en diferentes partes do país, siga sendo segura para beber, e evite a transmisión de enfermidades.UNICEF estima que, debido á destrución das infraestruturas de subministración de auga, a dispoñibilidade de auga nalgunhas zonas se reduciu a un terzo con respecto aos niveis existentes antes do conflito.
Séguense necesitando fondos
A falta de financiamento segue sendo un obstáculo importante para que UNICEF poida intensificar a súa resposta humanitaria. A axencia solicitou 68 millóns de dólares (50,97 millóns de euros) para proporcionar asistencia humanitaria urxente en Sirya, en áreas como auga e saneamento, saúde e nutrición, educación e apoio psicosocial, que forman parte dun chamamento realizado pola ONU en decembro pasado. Ata agora, recibiuse menos do 20 por cento desa cantidade.