Sirya: "Imos aos Espazos Amigos da Infancia porque alí nos sentimos queridas"
Por Salam Abdulmunem, Oficial de Comunicación de UNICEF Irak e Merrin Waterhouse, Especialista en Protección Infantil e Violencia de Xénero de UNICEF Líbano.Hai catro meses, Elena, de 8 anos, e a súa familia fuxiron de Sirya en dirección a Iraq. Fronte a un centro comunitario preto do campamento de refuxiados que agora chama "fogar", Elena intenta explicar por que se tiveron que ir: "Hai unha guerra e manifestacións e problemas en Sirya, así que tivemos que saír correndo,".
Elena e a súa familia viaxaron a través da fronteira cara ao campamento de refuxiados de Domiz, unha aldea no norte daprovincia iraquí de Dohuk.Á súa chegada, asignóuselle á familia unha das 500 tendas de campaña que conforman na actualidade o campamento deDomiz. As tendas están equipadas cun cuarto de baño familiar e un ventilador facilitado por unha ONG iraquí para soportar a calor do verán, que pode chegar ata os 40 graos. Cando chegou ao campamento soubo que a súa amiga do colexio,Reema, tamén estaba alí e empezaron a ir xuntas ao Espazo Amigo da Infancia apoiado porUNICEF. UNICEF, xunto co seu aliado ACTED, crearon este Espazo en Domiz para que os nenos xoguen, aprendan e reciban apoio no medio das abafadoras experiencias polas que atravesaron moitos deles. No Espazo Amigo da Infancia, a Elenagústalle cantar coa súa amiga Reema e comprácese de que o seu debuxo do campamento de Domiz se exhiba á entrada do centro comunitario. "Podemos xogar e practicar deportes e dannos mazás e leite. Vimos porque aquí nos sentimos queridas", afirma Elena. ACNUR estima que máis de 1.400 nenos menores de 18 anos viven actualmente no campamento de refuxiados de Domiz. Cando o Departamento de Educación local abriu unha escola de verán nas aulas prefabricadas proporcionadas por UNICEF e ACNUR,Elena e a súa amiga se apresuraron para unirse ás clases. Querían recuperar o tempo perdido e as dúas desexan volver á escola tan pronto como sexa posible.