Sudán do Sur: 3.000 nenos serán liberados dun grupo armado
Coa axuda de aliados, dende UNICEF logramos a liberación duns 3.000 nenos dun grupo armado en Sudán do Sur. É unha das máis grandes desmobilizacións de nenos. O primeiro grupo, de 280 nenos, foi liberado hoxe no pobo de Gumuruk (estado de Jonglei) ao leste de Sudán do Sur. Os demais nenos serán liberados gradualmente ao longo do próximo mes.
Recrutados pola Facción Cobra do Exército Democrático de Sudán do Sur (SSDA), liderada por David Yau Yau, os nenos teñen entre 11 e 17 anos. Algúns estiveron a loitar ata catro anos e moitos deles nunca foron á escola. No último ano, 12.000 nenos, a maioría pequenos, foron recrutados e utilizado como soldados por forzas e grupos armados en Sudán do Sur.

Sudán do Sur: 12.000 nenos recrutados como soldados en 2014
Os nenos xa entregaron as súas armas e uniformes nunha cerimonia supervisada pola Comisión Nacional para o Desarme, a Desmobilización e a Reintegración de Sudán do Sur e a Facción Cobra, co apoio de UNICEF.
"Estes nenos víronse obrigados a facer e ver cousas que ningún neno debería experimentar xamais", explica o representante de UNICEF en Sudán do Sur Jonathan Veitch. "A liberación de miles de nenos require dunha resposta masiva para proporcionar o apoio e a protección que estes nenos necesitan para comezar a reconstruír as súas vidas".
Os nenos liberados da Facción Cobra están a recibir apoio mediante servizos básicos de saúde e protección e ven atendidas as súas necesidades de alimentos, auga e roupa para axudarlles a prepararse para regresar coas súas familias. Ademais, estanse a establecer con rapidez outros programas de apoio psicolóxico e de asesoramento. Os nenos non tardarán en ter acceso a programas de educación e formación en habilidades.

Sudán do Sur: 1 millón de nenos obrigados a desprazarse
Dende UNICEF estamos a traballar para localizar e reunir os nenos coas súas familias, unha tarefa de gran dimensión nun país onde máis de 1 millón de nenos se viron obrigados a desprazarse internamente ou fuxiron a países veciños dende o comezo dos enfrontamentos en decembro de 2013. O apoio estenderase ás comunidades locais para previr e reducir a discriminación contra os nenos que regresan e tamén para evitar posibles recrutamentos.
"O éxito da reintegración destes nenos nas súas comunidades depende dunha resposta coordinada e oportuna para satisfacer as súas necesidades inmediatas e a longo prazo. Estes programas requiren importantes recursos", sinala Veitch.
Dende UNICEF estimamos que o custo de liberación e reintegración de cada neno é de aproximadamente 2.330 dólares (2.058 euros) durante 24 meses. Ata o momento, recibimos 1,6 millóns de euros da Fundación IKEA - unha primeira e fundamental contribución ao financiamento do programa de liberación e reintegración - e facemos un chamamento adicional de 10 millóns de dólares (8.837.621 euros). Outros doadores son a UE e os Comités Nacionais de UNICEF en Alemaña e Reino Unido.
Ti tamén podes contribuír ao traballo de UNICEF en Sudán do Sur.