Terremoto en Nepal: case 1 millón de nenos podería quedar sen educación

O terremoto en Nepal pode deixar a polo menos 950.000 nenos sen clase se non se actúa urxentemente para reparar os colexios danados polo sismo ou proporcionarlles espazos de aprendizaxe temporais.

Calcúlase que un total de 24.000 aulas foron destruídas ou danadas.

Necesitamos a túa axuda para conseguir que ningún neno de Nepal quede sen clase.

 

Segundo pasen os días, espérase que a crise de educación aumente, a medida que vaia chegando a información das áreas remotas. As escolas deberían abrir o 15 de maio.

"Os nenos afectados polo terremoto necesitan urxentemente asistencia fundamental como auga potable e refuxio, pero nas emerxencias as escolas, mesmo en instalacións temporais, tamén xogan un papel vital. Minimizan a interrupción da educación dos nenos, protéxeos da explotación e oabuso, e proporciónalles información para manterse seguros e sans. Ir ao colexio tamén permite aos nenos recuperar unha sensación de rutina que lles axuda a aceptar o que sufriron".

TERREMOTO EN NEPAL: MÁiS Do 90% DAS ESCoLAS DESTRUIDAS EN ALGUNhAS ZONAS

A cifras falan de que nos distritos moi afectados, como GorkhaSindhupalchok e Nuwakot, máis do 90% das escolas foron destruídas. En Dhading, o 80% dos edificios escolaresderrubáronse.

Ademais, nalgunhas áreas como KatmanduBhaktapur, aproximadamente nove de cada dez colexios que non sufriron danos no terremoto, se utilizaron como refuxios de emerxencia.

En UNICEF preocúpanos que esta catástrofe se leve por diante os grandes avances dosúltimos 25 anos en Nepal, como o aumento do 31% nataxa de matriculación na escola primaria.

Tamén nos preocupa que aumenten as altas taxas de abandono escolar, que xa eran un gran problema antes do terremoto. Ao redor de 1,2 millóns de nenos nepalíes de entre 5 e 16 anos nunca foron á escola ou abandonárona.

"Unha interrupción prolongada da educación pode ser desvastadora para o desenvolvemento dos nenos e as súas perspectivas de futuro", di Hozumi.

TERREMOTO EN NEPAL: OS NenOS DEBEN VOLVER A CLASE CANTO ANTES

En UNICEF estamos a facer todo o posible para que os nenos volvan a clase canto antes. Para iso, estamos a establecerespazos temporais nos que os nenos poden xogar e seguir aprendendo en 14 distritos afectados polo terremoto.

Por outro lado, estamos a traballar para apoiar as autoridades na avaliación das estruturas dos colexios, así como na elaboración dunhas directrices acerca do uso de escolas comorefuxio durante as emerxencias.

Necesitamos a túa axuda para conseguir que ningún neno de Nepal quede sen clase.