Tifón en Filipinas: a devastación segue sendo unha ameaza para os nenos

O tifón Haiyan/Yolanda interrompeu hai máis dun mes as vidas de 14 millóns de persoas, dos que 5,8 millóns son nenos, en Filipinas.

O director executivo de UNICEF, Anthony Lake, declarou, tras visitar varias zonas afectadas no país asiático, que, aínda que segue atentamente os informes de progreso, "non" hai estatísticas que poidan reflectir os desafíos físicos e humanos que aínda continúan".

Neste sentido, mostrouse profundamente impresionado polo espírito das persoas e as comunidades que traballan co goberno, Nacións Unidas e outros aliados para reconstruír as súas vidas e o seu futuro.

 
Vin aquí non só para ver os avances en persoa, senón tamén para dar as grazas ao noso persoal de UNICEF que estivo aquí dende o principio e continuará apoiando o traballo de reconstrución a longo prazo".
 

AxUDA A FILIPINAS: o traballo en protección

UNICEF mobilizouexpertos de todo o mundo para apoiar otraballo humanitario no país, incrementando opersoal sobre o terreo a máis de 100 persoas para levar a cabo un plan de recuperación que fortaleza os servizos para os nenos.

Isto inclúetraballar co goberno e os seus aliados para que os nenos volvan estudar, fortalecer o sistema deprotección da infancia, traballar no restablecemento e rehabilitación dos sistemas de auga e da cadea de frío para distribuírvacinas con seguridade e apoiar os nenos ameazados pola desnutrición.

En protección,UNICEF está a distribuírtendas amigas da infancia para nenos etendas para nais e bebés, con persoal voluntario formado en apoio psicosocial para axudar aos nenos a superar a dor provocada polas vivencias que sufriron.

UNICEF tamén está a traballar estreitamente conmestres e administradores para apoiar os desafíos que representa traballar con nenos que padeceron unha gran perda.

A axencia dedicada á infancia formou 44 policías e traballadores sociais nas zonas afectadas para que poidanidentificar os nenos que foronseparados das súas familias e poidan necesitar un coidado especial.

"Nada disto se podería ter feito sen o apoio que UNICEF Filipinas está recibindo dende todo o mundo, especialmente das persoas e osaliados do sector privado que colaboran a través dos nosos comités nacionais," sinalouLake.

O director executivo deUNICEF reuniuse e falou con nenos, mestres e pais de familia en numerosas escolas, espazos educativos, tendas de campaña e puntos de vacinación en Leyte eSamar del Este.