A través do deserto no Corno de África
Por Michael Klaus, Director de Comunicación da Oficina de UNICEF para o Leste e o Sur de África
Dadaab, este de Kenya. Foi unha decisión difícil, pero finalmente Hawa Issak decidiu abandonar o seu fogar. A seca destruíra todos os seus medios de vida, o seu marido abandonáraa e estaba embarazada. Non vía ningún futuro na rexión de Gedo, ao sur de Somalia, nin para ela nin para o seu futuro fillo, polo que se uniu a outras 6 familias para percorrer o longo camiño de 420 quilómetros, esperando encontrar axuda na veciña Kenya.
Camiñaron durante 28 días baixo o po e unha calor abrasadora ata que finalmente chegaron a Dadaab, unha pequena aldea no leste de Kenya, que se converteu no maior campamento de refuxiados do mundo.
O forte vento está a varrer os campos abertos de Dadaab. As caras dos nenos están cubertas de po e todo o mundo ten dificultades para respirar e falar. Os cadáveres dos animais están entre os arbustos secos: non é doado para ninguén sobrevivir nun ambiente tan duro.Os tres campamentos de Dadaab-Ifo, Hagadera e Dagahaley- creáronse hai anos para atender o fluxo constante de refuxiados que fuxían dos combates e a inseguridade na veciña Somalia, prolongados durante os últimos 20 anos. Pensados na súa orixe para atender unmáximo de 90.000 refuxiados, Dadaab foi crecendo ata converterse no terceiro asentamento máis grande de Kenya, despois do de Nairobi, a capital, e o da cidade portuaria de Mombasa. A poboación do campamento creceu ata alcanzar a cifra de380.000 persoas, a maior parte deles vivindo en tendas de campaña improvisadas. Entre xaneiro e xuño chegaron máis de 60.000 novos refuxiados. Dende finais do pasado mes houbo outro forte aumento, facendo a situación máis insostible.
"Mirando arredor, vemos sobre todo mulleres e nenos", dixo Elhadj As Sy, Director Rexional de UNICEF para o Leste e o Sur de África durante a súa visita á
región."Son aos que máis están a afectar o triplo choque da seca- que está relacionada co cambio climático-, a alza do prezo dos alimentos e o conflito armado en Somalia. As persoas pasaron moitas dificultades para chegar aquí. Están moi débiles".Os refuxiados enDadaab, non obstante, son só parte dun problema moito maior. Debido a dúas tempadas consecutivas sen chuvia, o aumento dos prezos dosalimentos básicos ata un 200%, así como aintensificación dos combates enSomalia, o Corno de África se enfronta actualmente a unha das crises nutricionais máis graves do mundo. Máis de 10 millóns de persoas están ennecesidade de asistencia humanitaria nestes tres países. Entre eles hai máis de 2 millóns de nenosmenores de cinco anos que sofrendesnutrición, dos que 500.000están severamente desnutridos, o que ameaza gravemente as súas vidas e require atención urxente. Un neno severamente desnutrido ten nove veces máis probabilidades de morrer que un neno san.
UNICEF está a subministrar alimento terapéutico aos nenos que están enmaior risco. Os casos máis severos reciben leite terapéutico para estabilizar o seu estado de saúde. Despois de 3 ou 4 días, o leite a miúdo pode substituírse por unha pasta de cacahuetes de alto nivel enerxético que os axuda a recuperarse en semanas. Algúns, non obstante, chegan ao hospital demasiado tarde. A pasada semana, seis nenos morreron no centro de atención nutricional do campamento de Ifo.
"O máis impresionante para min é ver como as nais nesta situación máis extrema, loitan con forza para que os seus nenos estean ben. Todas queren que estean ben alimentados, ben educados e que teñan oportunidades no futuro", dixo Elhadj As Sy. "Escoitar as súas historias, co sorriso na cara e esperanza no futuro é unha fonte de inspiración para nós".
No medio do po e as dificultades, unha desas historias de inspiración e coraxe é a deHawa Issak, a muller de 21 anos de Gedo, Somalia. Pouco despois de chegar a Dadaab, deu a luz o seu fillo, o terceiro. Chameino Ibrahim, di orgullosa e sorrinte. Estamos a salvo... por agora".