Ucraína: os nenos, ameazados pola reanudación da violencia
Polo menos 68 nenos morreron e 180 resultaron feridos dende o comezo do conflito no leste de Ucraína en marzo do ano pasado.
Aínda que aínda non temos información de que ningún neno morrese
durante a última escalada de violencia preto da cidade
de Mariinka,
si que hai nenos feridos por disparos de armas
pesadas.
O número real de vítimas infantís é considerablemente máis alto do que se informou, xa que moitas áreas continúan sendo inaccesibles debido ao conflito.
"Estas cifras representan as vidas de nenos e nenas arruinadas pola loita no leste de Ucraína", dixo Giovanna Barberis, representante de UNICEF Ucraína. "Parece que a violencia vai en aumento na rexión de Donetsk, e o mundo non pode esquecer os miles de nenos que seguen vivindo en zonas en conflito nin como cadabala, morteiro ou cartucholanzados son unha ameaza para a súa supervivencia e benestar".

UCRAínA: GARANTIR A SEGURIDADe DE TODOS OS NenOS
Estamos a traballar cos nosos aliados na zona para garantir
a seguridade de todos estes nenos. Recentemente lanzouse
unha campaña educativa sobre os riscos das
minas, para proporcionar a 500.000 nenos e as súas
familias información vital acerca do perigo das
minas terrestres e os explosivos.
Tamén estamos a dar apoio psicosocial nas escolas e os centros de protección das comunidades aos nenos afectados polo conflito; dende principios de ano chegouse a máis de 20.000 nenos e nenas. UNICEF proporcionouauga potable a máis de 550.000 persoas afectadas nas rexións de Donetsk e Luhansk.
O conflito no leste de Ucraína, que se encontra no seu segundo ano, xerou unha crise humanitaria que afecta a máis de 5 millóns de persoas, das que 1,7 millóns son nenos. Preto de 1,3 millóns de persoas deixaron as súas casas e comunidades e están desprazadas dentro do país, mentres que os sistemas de educación e saúde nas áreas afectadas seguen gravemente ameazados. Máis de 6.400 persoas morreron, incluídas polo menos 626 mulleres e nenas.
Estamos moi preocupados porque a intensificación dos combates vaiaumentar o número de vítimas infantís e a empeorar a crise humanitaria no leste", engadiu Barberis. "Débese facer todo o posible para manter os nenos seguros".
UNICEF está a pedir 55,8 millóns de dólares (49,7 millóns de euros) para afrontar as necesidades humanitarias urxentes dos nenos e as súas familias.