Un futuro sostible coas voces e a participación dos nenos
Un ano despois da Conferencia Mundial de Desenvolvemento Sostible Rio +20 construíndo O futuro que queremos, segundo UNICEF este futuro dependerá de que os nenos estean no corazón da axenda post-2015.
Un novo documento de UNICEF,O desenvolvemento sostible
comeza e remata cos nenos a salvo, sans e ben
educados, esboza tres mensaxes que son fundamentais
para conseguir un mundo apropiado para os nenos,
hoxe e para as xeracións futuras.
En primeiro lugar,o progreso dos nenos pode ser un importante motor de desenvolvemento sostible; en segundo lugar, os nenos son partes interesadas en crear un mundo sostible-os que máis teñen que gañar e que perder no éxito ou o fracaso-; e, finalmente, os nenos poden e deberían ser os principais participantes e colaboradores nun planeta saudable e sostible.
"Os nenos e os mozos son os creadores dun mundo futuro sostible e as medidas dos seus progresos serán tamén os calificadoresdese mundo", dixo Richard Morgan, Asesor Superior de UNICEF sobre a axenda post-2015 sobre Desenvolvemento. "A súa aprendizaxe, o seu crecemento nutricional, a súa seguridade e confianza, a súa creatividade e as súas ideas (avalado pola liberdade para vivir sen medo, asi como a liberdade para vivir sen miseria) serán os calificadores de que decisivamente estámonos a mover cara a un futuro sostible para todos", engadiu.
O documento establece unha relación directa entre o que é necesario facer polos nenos hoxe, en particular polos máis desfavorecidos, e como afectará isto ao futuro dos seus países.
Por exemplo, ao redor de 165 millóns de nenos
menores de cinco anos sofren desnutrición crónica, que
pode ter efectos de por vida sobre o desenvolvemento temperán do
cerebro, a saúde e a produtividade futura. Previr o atraso
do crecemento infantil pode axudar a romper o ciclo da
pobreza e aumentar o PIB dun
país polo menos nun 2 ou 3% cada ano, e aforrar miles de millóns de
dólares en custos de atención médica e perda de
produtividade.
A exposición á violencia tamén ten implicacións dramáticas e permanentes, dende unha lesión cerebral e trauma físico á depresión e o desenvolvemento dos atrasos. Os nenos vítimas da violencia teñen un maior risco de caer no uso indebido de drogas, condutas delituosas perigosas, así como outros comportamentos violentos na adolescencia e na vida adulta.
A acentuación do cambio climático tamén afecta desproporcionadamente aos nenos. Son moi vulnerables á contaminación ambiental, xa que os seus corpos e cerebros aínda están en desenvolvemento. Son fisioloxicamente menos capaces que os adultos para adaptarse á calor e outros riscos relacionados co clima, e tamén son máis vulnerables aos contaminantes do aire. A escaseza de auga e os alimentos contaminados teñen un impacto negativo directo maior sobre os seus corpos novos.
INVEsTIR NOS NenOS
A boa noticia é que o investimento nos nenos
produce importantes vantaxes para eles, para as súas sociedades e
para o planeta. Por exemplo, unha educación de boa
calidade ten importantes impactos interxeracionais. Unha nena ben
educada estará máis interesada en obter un maior desenvolvemento
persoal, será máis propensa a atrasar o matrimonio e o embarazo, e
terá máis probabilidades de acceder á asistencia de servizos de
saúde, dando lugar a menores taxas de mortalidade materna. As
mulleres educadas tenden a ter menos fillos, máis sans e máis
educados.
Segundo UNICEF, os nenos representan aproximadamente un terzo da poboación mundial, e os seus dereitos e a participación como parte dun futuro sostible xa están guiados por unha ampla gama de convenios, tratados e outros instrumentos legais, incluíndo aConvención sobre os Dereitos do Neno.
O documento conclúe queas voces, as eleccións e a participación dos nenos son fundamentais para o futuro sostible que queremos. Non só son os herdeiros do planeta, senón que tamén lle dan forma activamente no presente. O desenvolvemento inclusivo e centrado nas persoas significa investir no benestar e a autonomía dos nenos e mozos, para que poidan converterse nos gardiáns eficaces dun mundo sostible.
O
desenvolvemento sostible comeza e remata cos nenos a salvo, sans e
ben educados (PDFen inglés)