UNICEF denuncia o asasinato de nenos, nenas e mulleres na cidade siria de Homs
UNICEF denunciou onte o presunto asasinato de varios nenos, nenas e mulleres, cuxos corpos foron descubertos, o domingo na cidade siria de Homs.
Segundo informacións de Sirya e dos medios de comunicación internacionais, entre as vítimas descubertas na veciñanza de Karm el-Zeytoun, deHoms, había nenos e nenas de curta idade. Algúns dos corpos aparecerondegolados. Outros presentaban marcas de tortura. "É difícil aceptar este tipo de ferocidade, especialmente cando entre os afectados hai nenos e nenas que pagan o prezo máis alto por acontecementos sobre os cales non teñen ningún control," dixo a Directora Rexional de UNICEF,Maria Calivis. "Exhortamos urxentemente a todas as partes nesta crise a que asuman a súa responsabilidade de protexer os nenos".