UNICEF e Amadeus: microdoazóns nas reservas de viaxes online

Amadeus, empresa líder en solucións tecnolóxicas e de distribución para o sector das viaxes e o turismo, uniuse a UNICEF para apoiar os nenos máis vulnerables.

Grazas a esta alianza, provedores e distribuidores de produtos turísticos poderán ofrecer aos seus clientes a posibilidade de realizar microdoazóns cando reserven viaxes a través de Internet.


"Cremos sinceramente queinvestir nos nenos de hoxe, especialmente na súa saúde e educación, axuda a romper o ciclo da pobreza, contribuíndo a crear sociedades máis estables e a xerar un crecemento sostible", afirmou o Conselleiro Xeral e Secretario Corporativo de Amadeus,Tomás López.


A forma de realizar as microdoazóns será sinxela e permitirá aos viaxeiros facer unha doazón a UNICEF ao completar o seu proceso de compra online. Durante a primeira fase desta iniciativa, unha selección de provedores e distribuidores de produtos turísticos, como portais de aeroliñas e axencias de viaxesonline, integrarán unha "casa de verificación" nas súas páxinas de reserva. Se un viaxeiro decide realizar unha doazón, recibirá unha confirmación por correo electrónico.


Para as marcas turísticas participantes, a aplicación funcionará de xeito neutral e independente e poderá estar integrada nas súas diferentes canles de venda. Trátase dunha interface específica para a doazón que está enlazada cunha pasarela de pagamentos de Amadeus; é dicir, o pagamento do donativo procésase como unha transacción independente da reserva de viaxe.

 
"Cremos que esta nova iniciativa, da man de Amadeus, mellorará considerablemente a capacidade de UNICEF para chegar a un gran número de persoas a través de Internet e ofrecerlles a posibilidade deaxudar cun só clic a que os nenos máis vulnerables do planeta sobrevivan e se desenvolvan", destacouTim Hunter, Director Internacional de Captación de Fondos de UNICEF.

A alianza entreUNICEF e Amadeus ten como obxectivo establecer as bases dunha colaboración máis ampla, utilizando a innovación tecnolóxica e alcanzando compromisos co sector da viaxe para conseguir fondos de forma colaboradora (crowdsourcing) para os programas deUNICEF en máis de 190 países e territorios en desenvolvemento.