UNICEF e Ikea: Como un peluche pode cambiar a vida dun neno?
Un ano máis, a campaña Peluches para a Educación (na que por cada peluche ou libro adquirido en calquera tenda IKEA do mundo durante os meses de novembro e decembro, a Fundación IKEA entrega un euro a UNICEF e Save the Children para o financiamento de proxectos educativos en países en vías de desenvolvemento) finalizou en España cun estupendo resultado.
Os clientes de IKEA compraron 410.000 peluches ou libros infantís entre as 16 tendas do país, centos de empregados implicáronse no desenvolvemento da campaña e conseguíronse recadar 410.000 euros que se repartirán entre ambas as dúas organizacións.
A campaña Peluches para a Educación foi tamén un éxito a nivel global: recadáronse 10 millóns de euros que serán destinados unha vez máis a programas de educación de África, Asia e Europa.
Dende UNICEF destinaremos os fondos ás iniciativas Escolas para África e Escolas para Asia, que conseguen que miles de nenos destas rexións reciban unha educación de calidade.

beneficiáronse máis de 11 millóns de nenos e nenas
"Rematar co círculo da pobreza dos nenos, as súas familias e comunidades comeza pola educación", explica o Director Executivo UNICEF, Anthony Lake.
Xa son máis de 75 millóns de euros os que se puideron destinar a programas de educación de Save the Children e UNICEF dende que comezara a campaña Peluches para a Educación no ano 2003, axudando a mellorar a educación de máis de 11 millóns de nenos e nenas en 46 países.
Dende o equipo de UNICEF Comité Español queremos agradecer especialmente a todos os empregados de IKEA implicados na acción, ás blogueras que asistiron ao evento de presentación da campaña en Madrid e aos miles de clientes que xenerosamente adquiriron algún destes peluches ou libros.