UNICEF e Privalia: máis de 640.000 euros para a educación e promoción dos dereitos do neno en 2015

Privalia, o outlet online líder de moda, conseguiu máis de 640.000 euros a favor de UNICEF desde a firma dunha alianza internacional hai xusto un ano, en febreiro de 2015, a través do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) Future for Children.

 

 
Esta cantidade logrouse grazas adoazóns da empresa asociadas ás vendas da súa categoría infantil Baby & Kids e a eventos solidarios, así como a través de campañas de captación de doazóns entre os seus clientes a favor de UNICEF.
 
Todos os fondos doados e reunidos por Privalia destínanse a apoiar os programas de educación e promoción dos dereitos da infancia que UNICEF desenvolve en Brasil, México, España e Italia, así como ao traballo da organización enemerxenciascomo a ocorrida o pasado ano co terremoto de Nepal.
 

DESTINO DOS FONDOS

O programa Future for Children de Privalia céntrase en contribuír a mellorar a educación da infancia máis vulnerablenaqueles países onde a compañía está presente: 
  • En Brasil, os fondos destínanse a un programa de educación e mobilización cuxo obxectivo é que máis de 1,5 millóns de adolescentes que non van á escola recuperen o seu dereito á educación.
  • En México, contribúen á formación en lingua indíxena de profesores de máis de 18.000 escolas de preescolar e primaria de catro estados do país. 
  • En España e Italia, o apoio de Privalia está a contribuír a que máis 50.000 nenos e nenas coñezan e poñan en práctica os seus dereitos.
A educación é un dereito humano fundamental e unha ferramenta decisiva para odesenvolvemento das persoas e as sociedades. Con todo, case 58 millóns de nenos e nenas en todo o mundo non van á escola e outros tantos reciben unha educación descontinua ou deficiente. En UNICEF traballamos para conseguir que todos os nenos e nenas reciban unha educación básica e de calidade.
 
Privalia colabora con UNICEF desde2012 apoiando sobre todo programas enfocados á promoción do dereito á educación e ao desenvolvemento da infancia. Desde o inicio da colaboración, a empresa conseguiu mobilizar máis de 930.000 euros para proxectos de UNICEF.