UNICEF e Starwood Hotels: pedaladas de solidariedade

Post de Juan Luis Díaz, director rexional de Mercadotecnia de Starwood Hotels & Resorts España e Portugal

Teño 47 anos e traballo en Starwood Hotels dende fai case 30. Sempre quixen participar na campaña Road to Awareness a prol de UNICEF dende que comezou hai 8 anos. De feito, axudei a lanzar as actividades para conseguir fondos a outros compañeiros que participaron en edicións anteriores, pero nunca puiden ir eu mesmo por incompatibilidade de datas, falta de tempo para adestrar ou quizais por falta de confianza en poder completar o reto ciclista.
Por fin este ano decidinme, a pesar de que o obxectivo de captación era complicado de conseguir, e o reto ciclista se presentaba máis duro que nunca. Comecei a miña preparación específica en xuño, e dende entón percorrín máis de 3.000 quilómetros como parte doadestramento, case todos pola Serra deGredos, Ávila, Toledo e os arredores de Madrid, baixo a calor abrasadora do verán castelán.

Os 25 participantes seguiron unha preparación similar. Ao mesmo tempo comezamos as actividades para conseguir fondos, que en realidade é o máis importante, entre compañeiros, familiares, amigos, e provedores. Quero aclarar que Road to Awareness é unha campaña interna; non nos diriximos aos clientes dos hoteis, só a empregados dos nosos hoteis.

Chegamos a Annecy, ao pé do Alpes Franceses, o 26 de agosto, para comezar a aventura ao día seguinte. Eramos participantes chegados de todo o mundo--incluíndo lugares afastados como Hong Kong, Texas, Dubai, Abu Dhabi e moitos países de Europa-- e a maioría non nos coñeciamos, porque que se intenta que os participantes cambien cada ano. Rapidamente impúxose un espírito de compañeirismo ecamaradaría, xa que eramos conscientes do que nos esperaba e de que iamos necesitar uns doutros durante os seguintes tres días.
A ruta levounos a escalar ata 10 dosportos máis míticos do Tour de Francia, incluíndo Mont Revard, Semnoz, La Colombiere, Morzine-Avoriaz e finalmente Verbier en Suíza. Unha auténtica malleira demáis de 7 horas diarias sobre a bici para simples afeccionados como nós, pero que todos os participantes afrontamos con excelente disposición e bo humor, axudados tamén polos ánimos que transmitía Freddie, o representante de UNICEF que nos acompañou e que completou todas as edicións anteriores. Un auténtico exemplo de dedicación a UNICEF.

Eu contei coa inestimable colaboración dalgunhas empresas que se involucraron no proxecto, e me axudaron a "minimizar" os gastos derivados da miña participación. Gustaríame recoñecer Bicicletas Cannondale, por facilitar unha magnífica bici de probas para usar nos meus adestramentos; a Polar Ibérica, os que achegaron un pulsómetro GPS de última xeración co que medir os progresos; a tendas Sanferbike, provedores de todo o necesario, ademais de bos consellos e asistencia mecánica; e por último aIberia Liñas Aéreas, que facilitaron o transporte da bici ata Xenebra sen custo. A todos eles:Moitas grazas!
 

POLOS DEREitOS DA INFANCIA MÁiS VULNERABLE

Roadto Awareness é unha campaña deStarwood Hotels &Resorts que dende 2008 conseguiu máis de 3 millóns de dólares (2,3 millóns de euros) para financiar proxectos concretos de UNICEF coainfancia máis vulnerable de Mozambique, Exipto, Camerún, Paquistán, Etiopía e outros países.

En 2014o noso obxectivo é reunir 700.000 dólares (uns 532.00 euros) que se destinarán a mellorar as condicións sanitarias de centos de nenos en Somalia, levandoauga potable, hixiene esaneamento a escolas enzonas rurais que loitan por manterse e sobrevivir.

A campaña culmina co xa tradicional "Reto Ciclista", a finais de agosto, que acaba de finalizar. Ata agora recadamos un60% do total necesario. A páxina de doazóns seguirá aberta ata novembro. Non hai cifra pequena, calquera cantidade pode significar un cambio radical na calidade de vida de moitosnenos.