UNICEF e TOPdigital, unidos pola supervivencia infantil
A taxa de mortalidade infantil é un dos principais indicadores de pobreza e do grao de desenvolvemento dun país. Nos últimos 20 anos reduciuse en máis dun terzo a taxa de mortalidade infantil (de 88 mortes por cada 1.000 nacidos vivos en 1990 a 57 en 2010), pero aínda queda un longo camiño por percorrer.
Adesnutrición está detrás de máis dun terzo de todas as mortes de nenos menores de cinco anos. Case 200 millóns de nenos dos países en desenvolvemento sofrendesnutrición crónica, o que produce un atraso no crecemento. UNICEF traballa parareducir a mortalidade infantillevando a cabo programas de saúde, nutrición e auga e saneamento.
Para contribuír á loita contra a mortalidade infantil , TOPdigital eUNICEF España asinaron un acordo de colaboración en xullo. En virtude deste, baixo o lemaEstá na túa man, a empresa de telecomunicacións poñerá ao servizo de UNICEF unha ampla rede de espazos, entre eles 260 puntos de venda, e a súa revista, páxina web e redes sociais, co obxectivo de informar directamente clientes e empregados da iniciativa e proporcionar unha vía directa de participación.
Así, os clientes que o desexen poderán cambiar os seus antigos terminais en calquera das tendas TOPdigital e doar o seuimporte a UNICEF, unha cantidade que oscila entre 5 e 10 euros. Outra opción é o envío dunha mensaxeSMS coa palabraUNICEF ao número28028 ou engadir 1 euro de doazóná factura de calquera produto ou servizo adquirido na súa rede de centros.