UNICEF e Tríodos Bank, unidos polos dereitos dos nenos
UNICEF é unha das 17 organizacións sociais que recibirá unha parte dos 100.000 euros en doazóns de máis de 4.000 clientes da Conta Tríodos. Tríodos Bank contribuirá así a dar un paso máis no obxectivo de garantir os dereitos da infancia en todo o mundo.
"UNICEF España traballa cada para que todo neno teña garantidos os seus dereitos máis fundamentais. O traballo conxunto con Triodos Bankpermítenos fomentar un investimento socialmente responsable, tan importante no momento actual de crise global. Os primeiros afectados pola crise son os nenos, os mais vulnerables, e grazas a colaboracións como esta poderemos garantir o investimento en infancia e o apoio aos programas de loita contra a pobreza en máis de 155 países", sinalou a Directora Executiva de UNICEF España, Paloma Escudero. A Conta Tríodos é unha conta de aforro responsable vinculada ao principio de transparencia do banco e á súa política de investimento nos sectores social, cultural e ambiental. Ademais, ofrece ao cliente a posibilidade de doar todo ou parte dos seus intereses a unha ONG, coa correspondente dedución fiscal na súa declaración da renda. "Cando aforramos, os valores tamén son importantes, non só o prezo. Moitos dos nosos clientes, ademais de preocuparse polo uso que o banco vai facer do seu diñeiro, deciden renunciar a unha parte dos seus intereses a favor de organizacións que promoven os Dereitos Humanos, a cooperación ao desenvolvemento, a conservación da natureza ou o comercio xusto", valorou o Director Xeneral de Tríodos Bank, Esteban Barroso.