UNICEF España lanza unha campaña de socios a nivel nacional
UNICEF España puxo en marcha unha campaña de socios na que, durante varias semanas, especialistas no traballo de UNICEF en todo o territorio nacional explicarán a aqueles interesados a misión e os programas da organización e a forma na que calquera cidadán pode contribuír ao seu traballo.
Dende o ano 2005,UNICEF España desenvolve campañas de socios a través da fórmula Faceto Face, nas rúas das diferentes cidades españolas, e dende 2006 coa técnicaDoor to Door, mediante visitas aos fogares. Esta iniciativa foi moi ben acollida por miles de cidadáns que, nos últimos anos, decidiron apoiar o traballo polo benestar e o desenvolvemento da infanciafacéndose socios de UNICEF España. Esta campaña permite achegar UNICEF aos cidadáns e explicarlles os seus programas e proxectos e como se pode colaborar. A actividade desenvólvese con equipos de profesionais que van provistos de roupa e acreditacións identificativas de UNICEF, e que previamente recibiron formación de UNICEF España.
a importancia dos socios para UNICEF
Os socios son o principal activo de UNICEF España. A súa vinculación é imprescindible para desenvolver un traballo constante polo progreso da infancia a través de programas de desenvolvemento en máis de 150 países e territorios. Ser socio de UNICEF tamén contribúe a que a organización poida actuar con rapidez en situacións de emerxencia, nas que os nenos quedan expostos a serios riscos para a súa saúde, a súa supervivencia e a súa protección. Neste 2011, UNICEF España centra os seus esforzos en conseguir fondos para os programas de desenvolvemento e no traballo contra a desnutrición infantil. Actualmente, máis de 250.000 socios en España apoian coas súas cotas o traballo de UNICEF.