UNICEF España participa en OMEXPO

UNICEF Comité Español participa este ano na feira da mercadotecnia e a publicidade dixital OMEXPO, que ten lugar os días 9 e 10 de abril na Feira de Madrid.

 

O encontro é un escaparate sobre as novas tecnoloxías nas que UNICEFcontará como a innovación se pode poñer ao servizo dos nenos e pode contribuír a cambiar as súas vidas.

Porque para UNICEF innovar significa terinformación en tempo real sobre asituación dos nenos, sobre o seu estado nutricional ou sobre as súas coberturas de vacinación.

EnTanzania, por exemplo, UNICEF puxo en marcha un programa piloto que utiliza a tecnoloxía dosteléfonos móbiles para facer asinscricións de nacemento máis sinxelas, máis accesibles e menos custosas.

Ademais,OMEXPO ofrecerá a todos os participantes a posibilidade de colaborar conUNICEF enviando unSMS ao 28028 coa palabra INNOVA. Os fondosconseguidos con esta acción destinaranse aos programas de emerxencia que UNICEF leva a cabo en Siryae nos países veciños.

Crise de Sirya: 5,5 millóns de nenos afectados

5,5 millóns de nenos dentro e fóra de Sirya están a sufrir asconsecuencias do conflito. Toda unha xeración está en risco.

Case 3 millóns de nenos víronse obrigados a deixar os seus estudos, e 1,2 millóns tiveron que deixar o país para vivir comorefuxiados nos países veciños.

Nos campos de refuxiados a situación está desbordada. Os nenos teñen un acceso limitado a auga potable, alimentos nutritivos ou servizos educativos.

UNICEF e os seus aliados lograron ata agora proporcionar acceso a auga potable a 10 millóns de persoas, vacinar contra osarampelo case 7 millóns de nenos, dar apoio psicolóxico a máis de900.000 e matricular preto de500.000 en programas de aprendizaxe.

Pero a escaseza de fondos é alarmante, e necesítanse 617 millóns de euros para facer fronte ás necesidades dos nenos en Sirya e na rexión.