UNICEF insta a tomar medidas urxentes para combater a violencia contra a infancia

Con demasiada frecuencia, a violencia contra os nenos non se ve, non se escoita e non se denuncia, dixo UNICEF ao presentar Facer visible o invisible, unha iniciativa que insta os cidadáns da pé, aos lexisladores e aos gobernos a falar con máis forza para combater a violencia contra os nenos e nenas.

A orixe da iniciativa é a indignación popular que estalou tras varios ataques horribles contra a infancia no mundo, como o atentado a tiros que aconteceu en Paquistán en outubro de 2012 contra Malala Yousafzai, de 14 anos; a morte por disparos de 26 alumnos e profesores en Newtown, en decembro de 2012; e as violacións en grupo de nenas na India e Sudáfrica en 2013.

"Sempre que os nenos sufran danos, e onde queira que sexa, debemos mostrar e expresar a nosa indignación e a nosa ira. Hai que facer visible o invisible", dixo Anthony Lake. A violencia non causa só feridas físicas, senón que deixa tamén cicatrices mentais nos nenos, comprometendo a súa capacidade para aprender e socializar.

Este é a mensaxe deUNICEF para poñer en marcha a iniciativa de rematar coa violencia contra a infancia, animando as persoas de todo o mundo a recoñecer a violencia contra a infancia, a unirse aos movementos mundiais, nacionais e locais para rematar con ela.

A iniciativa presentouse cun video narrado polo embaixador de boa vontade de UNICEF Liam Neeson, que mostra ao espectador unha serie de escenas que representan a violencia invisible. " porque non podemos ver a violencia contra os nenos significa que non exista", dicíaNeeson. "Faga que o invisible sexa visible. Axúdenos a conseguir que a violencia contra os nenos desapareza. Únete. Non quedes calado".
SON NECESARIAS MEDIDAS URxENTES

[]

As escasas estatísticas dispoñibles subliñan a necesidade de adoptar medidas urxentes. Por exemplo, uns 150 millóns de nenas e 73 millóns de nenos menores de 18 anos experimentaron actos de violencia sexual e explotación, segundo aOMS, e estímase que 1,2 millóns de nenos son vítimas de trata cada ano, segundo un informe de 2005 da OIT.


Un microsite e unha campaña nas redes describen diversas maneiras para que os nenos, os pais e as comunidades tomen medidas: por exemplo, participando, informándose, organizando actividades e foros de discusión públicos, apoiando os nenos vítimas da violencia, e traballando cos aliados mundiais e locais de UNICEF.


Protexer a infancia é a base do mandato de UNICEF. A Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno especifica que todos os nenos teñen dereito a ser protexidos contra toda forma de violencia en todas as partes.