UNICEF intensifica o seu traballo para atallar as ameazas da cólera e a diarrea en Somalia

O aumento do número de casos confirmados de cólera en Mogadiscio, a capital de Somalia, e de diarrea acuosa aguda na cidade portuaria de Kismayo, motivou unha resposta urxente para frear o avance destas enfermidades.

As precarias condicións de saneamento que hai na zona, a falta de auga potable, a masificación e os altos niveis dedesnutrición son a perigosa combinación para propiciar brotes de enfermidades infecciosas como a cólera e a pneumonía.Xa se confirmaron casos de cólera nas rexións de Banadir, Bay,Mudug e Baixo Shabelle, e o número de casos de diarrea acuosa aguda aumentou dramaticamente nos últimos meses.

Dende xaneiro deste ano, só no Hospital Benadir deMogadiscio rexistráronse 4.200 casos de diarrea acuosa aguda e de cólera. De calquera modo, nestes momentos a maioría dos casos de cólera rexistrados en varias rexións estáncontidos e baixo control."A nosa maior preocupación é monitorear e detectar novos brotes de enfermidades en moitos asentamentos informais establecidos para os desprazados internos que se encontran en Mogadiscio ou os seus arredores", afirma a doutora Marthe Everard, Representante da Organización Mundial da Saúde (OMS) en Somalia.  
 
A cólera éendémica en Somalia pero o último gran brote rexistrouse en 2007, afectando a 67.000 persoas. Nos últimos anos, os esforzos realizados por limpar con cloro as instalacións de auga en Mogadiscio e para mellorar as instalacións de hixiene e saneamento previñeron un brote máis importante. Agora hai un gran corte de subministración de auga potable e falta de saneamento axeitado, coa chegada de 100.000 persoas este ano aMogadiscio, o que eleva o número de desprazados a 470.000, moitos deles vivindo en asentamentos masificados.  
"Non debería acontecer que un neno morra por unha diarrea, aínda que é a tráxica realidade para un neno somalí con desnutrición aguda. É unha combinación letal", asegura Rozanne Chorlton, Representante de UNICEF en Somalia. "Estes tipos de enfermidades son prevenibles e tratables rapidamente. Para salvar as vidas dos nenos estámonos a asegurar de que o acceso a auga potable, saneamento, hixiene e coidados médicos forman parte integral da nosa resposta de emerxencia".
 
 
ACCIÓN DE UNICEF
UNICEF e organizacións aliadas en sectores como a auga, saneamento e hixiene están a intensificar os seus traballos para chegar a 1,5 millóns de persoas en zonas de alto risco do sur de Somalia. Ata o momento, a súa acción está a consistir en:
 
  • Enviar a 13 hospitais kits de emerxencia contra enfermidades diarreicas compostos de subministracións médicas como xiringas, infusións e sales de rehidratación oral (SRO), almacenadas por UNICEF e a OMS.
  • Intensificar a xestión dos casos de deshidratación severa con e sen desnutrición.
  • Mobilizar unharede de promotores comunitarios de saúde que difunden porta a porta mensaxes de sensibilización sobre saúde e hixiene.
  • Abastecer os postos de saúde de medicamentos esenciais e sales de rehidratación oral.
  • Distribuírsubministracións de cloro, artigos esenciais de hixiene, tratamentos para as familias e materiais para o almacenamento de auga. Xa están a ser tratadas con cloro 217 fontes de auga, e 58 puntos de toma de auga que están a beneficiar a 483.200 persoas en Mogadiscio.
  • Repartir nos centros de alimentación para nenos desnutridos artigos domésticos de hixiene, incluíndo comprimidos potabilizadoras de auga, xabón e cubos para 48.000 familias.
  • Reforzar as campañas para sensibilizar as familias de comunidades con alto risco sobre o tratamento de auga potable, a eliminación segura de residuos e o lavado de mans.
Aínda son necesarios 80 millóns de dólares (55,80 millóns de euros) para atender as necesidades sanitarias da poboación en Somalia en 2011. Así mesmo, precísanse outros 78 millóns de dólares (54,42 millóns de euros) para a atención en materia de auga, saneamento e hixiene. Ata agora só se recibiu o 30% e 37%, respectivamente, para cada sector.