UNICEF intensifica a súa resposta aos nenos afectados pola crise de Sirya
UNICEF deu a coñecer os seus plans para facer fronte con urxencia ás necesidades educativas, sanitarias e de calquera outro tipo de decenas de miles de nenos sirios que están refuxiados en países veciños.
Estes plans foron anunciados en Xenebra, durante o lanzamento dun plan de resposta de Nacións Unidas de seis meses coordinado polo Alto Comisionado daONU para os Refuxiados. Na súa intervención durante o acto de presentación, a Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e África do Norte, Maria Calivissinalou que os nenos non se libraron da onda de violencia que percorre Sirya dende o ano pasado.
os nenos, afectados pola crise
Segundo Nacións Unidas polo menos 500 nenos sirios morreron ata o momento, mentres que centenares máis resultaron feridos, detidos ou sufriron abusos. As escolas non están abertas e os centros de saúde pecharon ou é perigoso para as familias chegar ata eles. "Cada día, vemos imaxes e historias desgarradoras dos nenos en Sirya a través das nosas pantallas de televisión", dixoCalivis. "Non" pode haber "dúbida de que a gran maioría dos nenos de Sirya estarán marcados pola crise - xa sexa física ou psicoloxicamente. Dos 30.000 refuxiados rexistrados quefuxiron de Sirya a Xordania, Líbano e Turquía, unha gran parte son mulleres e nenos.
Co fin de satisfacer as necesidades fundamentais desta crecente poboación (e ademais polo seu traballo en favor dos nenos dentro da propia Sirya),UNICEF está a mobilizar os seus recursos, con especial énfase en educación, protección da infancia, auga e saneamento. Baseámonos na nosa rede de traballo con organizacións gobernamentais e ONG asociadas para chegar non só ás familias que viven en campamentos, senón tamén aos que están acollidos nas comunidades locais, dixo Calivis.
protexer os nenos desprazados
Un elemento clave é asegurar que os nenos sirios poden continuar a súa educación nos países que os acollen. Estanse a organizar taménoutras actividades educativas, recreativas e culturais, mentres que os nenos que sofrentrastornos psicosociais reciben o apoio que necesitan.UNICEF e os seus aliados crearánEspazos Amigos da Infancia nas escolas e noutros lugares, deseñados para permitir aos profesores, coidadores e traballadores sociais identificar os nenos que necesitan atención psicosocial adicional, e para proporcionar un espazo no que se teñan lugar actividades que axuden aos nenos superar as súas experiencias. Levaranse a cabo avaliacións das condicións de auga e saneamento en áreas de refuxio onde se encontran os desprazados sirios, e proporcionaranse kits de hixiene ás familias recén chegadas. Poñeranse en marcha ademais programas destinados a axudar as familias desprazadas a asegurar as necesidades en saúde e nutrición dos seus fillos.