UNICEF mostra a súa preocupación polo estado dos nenos atrapados en Qusayr

UNICEF mostra a súa preocupación pola seguridade dos civís na cidade asediada de Qusayr, en Sirya. E teme que miles de nenos e mulleres poidan quedar atrapados polos combates.

Rexistráronse fortes enfrontamentos enQusayr, unha cidade de 30.000 habitantes próxima á fronteira con Líbano. Entre 12.000 e 20.000 persoas, moitas delas nenos, poderían estar aínda dentro da cidade.


Nos últimos días,centos de familias fuxiron ao Líbano e a outras zonas de Sirya. UNICEF, outras axencias da ONU e os seus aliados están a proporcionar a asistencia humanitaria que necesitan estas persoas, como comida, roupa e artigos de hixiene a moitos dos desprazados.


En Hasiaa, preto de Homs, UNICEF e os seus aliados están a apoiar unhas 500 familias. Este apoio estase a estender tamén a outras 1.144 familias que fuxiran anteriormente de Qusayr, onde a violencia se intensificou no último mes.


Moitas das familias fuxiron pola noite con poucas pertenzas, ou sen nada máis que o posto. Ademais de proporcionar roupa e kits de hixiene, UNICEF e os seus aliados tamén comezarán a levar camións con auga ás zonas que a necesiten con urxencia e mellorará as condicións de saneamento nos próximos días.


A situación é desesperante. En Hasiaa vai frío pola noite e as chuvias esporádicas fan que as vidas dos nenos e os máis débiles se volvan especialmente precarias xa que as familias teñen dificultades para encontrar un refuxio na zona. Moitos están amoreados en escolas, edificios en obras e tendas de campaña.


UNICEF instou reiteradamente a todas as partes a cumprir coas obrigas establecidas polo dereito internacional e respectar a vida dos nenos. A violencia brutal continuada en Sirya está a causar un sufrimento humano extremo e perda de vidas.


Dende marzo de 2011, uns 4,25 millóns de persoas, case a metade deles nenos, foron desprazados dentro de Sirya e 1,5 millóns de persoas fuxiron aos países veciños e necesitan asistencia humanitaria.