UNICEF no Foro sobre a Eficacia da Axuda ao Desenvolvemento
O 4º Foro de Alto Nivel sobre a Eficacia da Axuda reúne estes días en Busan (Corea do Sur) aos representantes dos países en desenvolvemento e os doadores (gobernos, organizacións multilaterais e da sociedade civil, e o sector privado) para avaliar a eficacia da axuda ao desenvolvemento.
Esta reunión que empeza hoxe e remata o 1 de decembro é continuación dos Foros de Roma (2002), París (2005) e Accra(2008), e a ela asisten 2.500 delegados que revisarán a implementación dos principios de eficacia da axuda e avanzarán na discusión do seu futuro. No centro do debate: a evolución da cooperación ao desenvolvemento nos seus 60 anos de historia, coa inclusión de novos actores e novos instrumentos. Non obstante, non se cuestiona a necesidade de manter o compromiso coa loita contra a pobreza, aequidade e o desenvolvemento sostible.Nacións Unidas participa cunha delegación composta por 8 delegados e os seus respectivos asesores. A delegación de UNICEF estará composta polo Director Ejecutivo,Tony Lake, e porBjörn Gillsäter, Xefe da Unidade de Análise do Sistema Multilateral do GMA.
a Axuda ao Desenvolvemento relaciónase coa redución da mortalidade infantil
A celebración deste foro coincide cunha recente publicación de UNICEF e Savethe Children Reino Unido Progress in ChildWell-being: Building On What Works, que demostra un notable progreso no benestar dos nenos. Segundo o informe este progreso débese a unha maior vontade política a nivel mundial, a políticas de apoio e programas ben enfocados. Entre os grandes avances realizados nas últimas décadas, destaca adiminución da taxa de mortalidade infantil. Cada día falecen 12.000 nenos menos que en 1990. Ademais, tamén diminuíu a taxa de atraso no crecemento asociada á desnutrición, pasando dun 40% a un 29%. Por outra parte, o terreo da educación tamén a taxa de matriculación escolar aumentou. O informe afirma que existe unha relación directa entre a axuda ao desenvolvemento e a diminución da taxa de mortalidade infantil.
"Vimos notables resultados debido a unha forte vontade política de compromiso dos países e apoio da comunidade internacional, especialmente dos doadores, para investir no sector social," dixoAnthony Lake, Director Executivo deUNICEF. Un dos países destacados no informe foi Bangla Desh. O forte crecemento económico do país axudou a impulsar programas de redución da pobreza, o que levou a un avance no acceso á nutrición e á educación. O país, que se encontra entre os estados con maiores taxas de mortalidade infantil, rexistrou un descenso do 67% de 1990 a 2010 na mortalidade entre nenos menores de cinco anos. Neste estudo, UNICEF e Save the Children fan fincapé en que malia os avances,aínda queda moito por facer, e é necesario poñer máis atención á equidade nos fogares máis pobres. UNICEF estima que o Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio de reducir á metade a mortalidade infantil se podería conseguir máis rapidamente con tal achegamento.