UPS colabora con UNICEF na repartición de subministracións aos nenos do Sahel
Grazas á colaboración de UPS, UNICEF realizou o primeiro envío aéreo deste ano de subministracións vitais a Mauritania, país que forma parte da zona do Sahel afectada pola crise alimentaria.
O voo de UPS, que saíu dende Colonia (Alemaña) na madrugada
do domingo contiña subministracións esenciais de axuda
humanitaria de UNICEF,
incluíndo produtos de nutritivos, sanitarios, educativos, auga,
saneamento e artigos de hixiene, por valor de 102.000 libras
(125.128 euros).O envío aéreo das subministraciónsreduce drasticamente o tempo de entrega ás
comunidades afectadas. UPScoordinouse rapidamente con UNICEFpara axilizar o enviou destes produtos de emerxencia dende
diferentes lugares, como o Centro de
Subministracións de UNICEF en
Copenhaguen, ademais de Madrid,Lier, e Toulouse para a súa entrega enNouakchott (Mauritania) o pasado
domingo 22 de abril.
"Estamos moi agradecidos a UPSpor doar, unha vez máis, a súa experiencia e servizos,
para axudar a UNICEF aentregar as subministracións na rexión de Sahel e polo seu continuo apoio en
momentos de emerxencia. Trátase dunha compañía que entende que,durante as emerxencias humanitarias, a necesidade
de mobilizar con rapidez as subministracións é
esencial e pode significar a diferenza entre a vida e a
morte", dixo o Presidente de UNICEF en
Estados Unidos, Caryl
Stern.