VII Encontro A Cidade dos Nenos: Cidade, infancia e medios de comunicación
O 19 de abril comeza o VII Encontro A Cidade dos Nenos que analizará a imaxe que a cidade proxecta sobre nenos e nenas, os contidos que presentan as televisións, o acceso da infancia a contidos a través de Internet ou dos videoxogos.
Para reflexionar e
debater sobre estas cuestións reuniranse durante
tres días profesionais de comunicación, urbanismo,
educación, psicoloxía, socioloxía e animación
cultural.
O encontro celebrarase na Casa Acendida de Madrid do 19 ao
21 de abril.
Obxectivos do encontro
• Coñecer e analizar o comportamento dos medios de comunicación con relación á infancia: que imaxe proxectan, que noticias dan, en que aspectos centran a atención e como os tratan...
• Analizar asimaxes que a cidade proxecta sobre os nenos e as nenas e que influencia exercen sobre eles.
• Denunciar oincumprimento do horario protexido por parte de todas as televisións.
• Coñecer osmedios nos que participan nenos e adolescentes, como os xestionan, de quen dependen, que papel xogan os adultos e tamén como o perciben eles mesmos .