Xogos Olímpicos Río 2016: un equipo de 10 refuxiados participa por primeira vez nesta competición

Os Xogos Olímpicos de Río 2016 están ao virar a esquina cunha gran noticia. Por primeira vez na historia deste importante acontecemento deportivo, un equipo de 10 refuxiados participará na competición, en representación dos máis de 65 millóns de persoas refuxiadas e desprazadas no mundo. 

 

A súa participación nosXogos non se reduce a loitar por unhamedalla. Estes deportistas, que un día fuxiron das súas casas empuxados pola violencia, serán un altofalante para lembrar a magnitude da crise de refuxiados.
 
Os membros deste equipo de refuxiados proceden de distintos países castigados polos conflitos e a inseguridade. Entre eles atópanse 2 nadadores de Siria, 2 judocas de República Democrática do Congo, 1 corredor de maratóns de Etiopía e 5 corredores de media distancia de Sudán do Sur. 

xoGOS OLÍMPICOS RÍO 2016: ENTRENAR ENTRE BOMBARDEOS

Yusra Mardini,unha das nadadoras sirias, conta que, aos seus 18 anos, participar nos Xogos Olímpicos é unha oportunidade que non está ao alcance de todos e que traballou moito para alcanzar este soño. "Quero que osrefuxiados estean orgullosos de min e servirlles de motivación", di. 
 
Yusra tamén conta que desenvolver a súa carreira como nadadora en Siria era moi difícil. "A guerra era moi dura. Ás veces non podiamos adestrar polos enfrontamentos. Ou ás veces si tiñamos adestramento, pero unha bomba caera na piscina". 
 
A deportista siria, que fuxiu do seu país en agosto de 2015, vive agora en Alemaña. Lembra que, cando chegou a este país, "non tiña nada: ningorros, nin bañadores,nada".
 

#TEAMREFUGEES: Tí TAMÉN PoDES APOiAR Ao EQUIPO DE REFUxIADOS 

A participación do equipo de refuxiados nos Xogos Olímpicos ha motivado a diversas organizacións, entre as que se atopa UNICEF, a xerar unha campaña para apoiar aos seus 10 membros durante toda a competición.
 
A través da iniciativa#TeamRefugeesqueremos lembrar a estes valentes deportistas que estamos con eles e que a súa forza nos inspira para seguir loitando polos dereitos de todas as persoas refuxiadas no mundo.
 
Se queres, ti tamén podes apoialos. Durante estes días, comparte o hashtag#TeamRefugees nas túas redes sociais e axúdanos a contarlle a todo o mundo cal é o equipo máis especial destesXogos Olímpicos!