Xordania: apoio ás familias sirias refuxiadas
UNICEF está a ampliar con rapidez a súa resposta de emerxencia ante o dramático aumento do número de nenos e familias sirias que chegan a Xordania fuxindo do conflito.
UNICEF está a proporcionar apoio á nova zona de campamento, Za'atari,preto de Mafraq, no norte de Xordania, que, segundo as previsións, recibirá 5.000 refuxiados sirios nos próximos días. O campamento terá capacidade para albergar 150.000. Xunto á Axencia Federal Alemá de Axuda Técnica (THW nas súas siglas), UNICEF presta o seu apoio para as infraestruturas de auga, saneamento e hixiene do campamento para facer fronte ás necesidades humanitarias urxentes.
UNICEF proporcioa subministracións para o campamento
Xa se instalaron bidóns de membrana de auga, 80 WCportátiles, e 80 duchas que poden dar servizo a 5.000 persoas. Os tanques de auga montaranse en canto os refuxiados cheguen ao campamento.UNICEF tamén proporcionousubministracións adicionais de emerxencia para atender as necesidades iniciais de 25.000 persoas, incluíndo kits básicos de auga para familias, tendas para levantar Espazos Amigos da Infancia, equipos de Escola nunha Maleta, kits de desenvolvemento temperán, lonas, esteiras de plástico, e outros artigos de emerxencia. Ademais, xa se instalaron os primeiros Espazos Amigos da Infancia. "Estamos a ser testemuñas dun movemento a grande escala de nenos e familias ao longo das fronteiras sirias do sur cara a Xordania, que está a crear unha crise humanitaria," afirma Dominique Hyde, de UNICEF Xordania."UNICEF e os seus colaboradores traballan contra o reloxo para que o acceso a auga limpa, os aseos e as duchas estean preparados enZa'atari antes de que en cuestión de días cheguen aquí as primeiras familias sirias desprazadas", engade.
Máis de 13.000 sirios refuxiados en xordania dende principios de xullo
Máis de 13.000 sirios chegaron ás áreas de tránsito de refuxiados en Xordania dende principios de xullo, e case a metade deles chegaron a semana pasada, o que supón un aumento da tensión sobre os servizos actuais.UNICEF proporciona servizos esenciais de auga, saneamento e hixiene - incluíndo uns 9.000 kits de hixiene para bebés- nas catro áreas de tránsito,xunto con servizos de protección infantil e educación.Estas áreas estaban previstas para acoller 2.160 novas chegadas, pero alcanzaron un alto récord de máis de 10.000 refuxiados, superando en máis de catro veces a súa capacidade. "Máis da metade de todos os desprazados sirios son nenos e adolescentes, os que aínda teñen que soportar angustia psicosocial tras sufrir a violencia e o desprazamento. Estamos a ver un agravamento do número de mulleres que chegan cos seus nenos". Para poder soster a súa resposta de emerxencia en Xordania,UNICEF necesita 17,8 millóns de dólares, dos que aínda faltan 10,7 millóns. Isto inclúe os tres millóns que agora se necesitan con urxencia para o campo deZa'atari, para que poida instalarse o crecente fluxo de desprazados sirios.UNICEF tamén está a prestar asistencia a decenas de miles de desprazados sirios en Líbano, Turquía e Iraq, así como ás familias afectadas que permanecen en Sirya.