Xordania: apoio psicosocial aos nenos sirios refuxiados
Reem* e os seus seis fillos fuxiron a Xordania despois de que secuestrasen o seu marido Abood* no seu fogar ao sur de Sirya.
"Os nenos estaban asustados e inseguros cando chegamos por primeira vez aXordania", dixo Reem. "Cando vían coches (similares ao que usaron para levarse ao seu pai), empezaban a berrar". Non obstante, nos meses transcorridos dende a súa chegada ao norte de Xordania, Reem notou que as cousas empezan a cambiar. Viven nas instalacións de tránsito de Bashabshe e os nenos participan en actividades psicosociais e asisten aclases de recuperación xestionadas pola fundaciónNoor al-Hussein, aliada de UNICEF. As actividades inclúen asesoramento en grupo, xogos educativos, clases de artesanía e debuxo. Decenas de miles de nenos sirios e as súas familias fuxiron da violencia en Sirya cara aos países veciños de Xordania, Líbano, Turquía e Iraq. Calcúlase que hai 86.000 sirios rexistrados como refuxiados en catro países- o 50% deles nenos e adolescentes-. A versión revisada do Plan Rexional de Resposta a Sirya dirixida por ACNURcalcula que o total de refuxiados aumentará ata 185.000 en decembro de 2012.
a infancia afectada pola violencia
Unha mestra deRamtha, Hana'a Al-Zoubi, explica como lles afectou a violencia aos nenos: "Mesmo o máis novo pode identificar distintos tipos de armas". "Outros nenos narraron historias sobre os seus fogares en chamas e sobre familiares próximos mortos", afirmaZoubi. Non obstante, co paso do tempo, vese que os nenos non están asustados e que empezan a sorrir de novo, sinalouZoubi. "Hai un gran cambio". Os fillos de Reem poden agora continuar cos seus estudos, despois de pasar meses sen asistir a clase en Sirya como consecuencia da violencia. Amjad*, de 8 anos, afirma que fixo amigos na escola pública á que acode enRamtha e que lle gusta aprender e xogar ao fútbol alí. "Gústalles ir á escola en Xordania", comenta Reem. A fundación Noor al-Husseinfretou un autobús ata unha escola local para os nenos do centro de tránsito. "Os nenos están mellor aquí, dormen e séntense seguros. EnSirya soaban a miúdo as bombas", apuntaReem.
a importancia de prestar apoio psicolóxico aos nenos
A representante deUNICEF en Xordania, Dominique Hyde, manifestou que os nenos son moi vulnerables ao estrés psicolóxico provocado pola violencia e a inseguridade, pero "mediante a aprendizaxe e o xogo nun ámbito de apoio, os nenos empezan a recuperar unha sensación de normalidade e a repoñerse. "Esperábame unha situación moito peor, pero temos aloxamento aquí e os nenos poden ir á escola, así que as cousas van mellor", afirmaReem. As instalacións de tránsito de Bashabshe, administradas polo Goberno de Xordania, proporcionan aloxamento temporal aos sirios que entran no país sen documentos legais. Está equipado para acomodar unhas 500 persoas á vez. Outros centros de tránsito abriron recentemente en Ramtha para albergar o fluxo de sirios que foxen cara a Xordania. *nombres ficticios para protexer a súa identidade e a súa seguridade