Xordania: o reto da auga para os refuxiados
O campamento de Za'atari, no norte de Xordania, é un refuxio seguro para os case 30.000 refuxiados que fuxiron do conflito en Sirya. Centos de persoas chegan a diario. Dende a súa apertura en xullo, o campamento estableceu rapidamente os servizos dunha pequena cidade, especialmente no caso da auga.
Todos os días,os camións atravesan o campamento e reparten máis dun millón de litros de auga potable. Non obstante, nun dos países máis áridos do mundo, a subministración de auga potable para todos é un desafío enorme. Por esta razón, é tan importante o traballo dos promotores de auga e hixiene, como é o caso de Hala Abu Omar, que traballa con UNICEF en coordinación coa Axencia de Cooperación Técnica e Desenvolvemento. A súa mensaxe é sinxela: hai que utilizar auga con prudencia e tratar de manter as tendas limpas para evitar brotes de enfermidades, unha tarefa difícil nun campamento situado nun terreo seco e poeirento.
Difundir mensaxes sobre auga potable e hixiene tenda por tenda
Todos os días,o equipo de Abu Omar reúnese cedo na súa oficina do campamento para planificar o traballo. Mediante un mapa satélite do campamento establecen exactamente que familias e tendas de campaña van visitar e sinalan os problemas de saneamento que se encontran. Nunha das primeiras tendas que visita, Abu Omar fala cunha familia de Damascoque estivo a vivir en Za'ataridurante case tres meses e explica a todos os seus membros a importancia da conservación da auga. Ademais, ofrece algúns consellos prácticos sobre como aforrar auga en tarefas cotiás, como por exemplo lavar a roupa.
Garantir auga para o futuro
Asubministración de auga por camión a Za'atari non pode seguir sendo unha solución a longo prazo, xa que resulta caro, consume moito tempo e pódese atrasar ou interromper. UNICEFe o seu aliado Mercy Corps teñen o obxectivo de perforar dous novos pozos preto do campamento para que os refuxiados poidan ter acceso á auga. Outro dos obxectivos é mellorar o abastecemento de auga nos pobos próximos a Za'atari, o que beneficiará aos refuxiados sirios e ás comunidades de acollida. Por exemplo, o caso de Mafraq, a cidade máis próxima a Za'atari, onde os residentes teñen auga corrente tan só durante unhas 10 horas á semana. O Especialista en Auga, Saneamento e Hixiene de UNICEF,Saeed Hameed, di que o traballo que se está a levar a cabo en Mafraq para ampliar unha canalización beneficiará a 25.000 refuxiados sirios e aos residentes locais.UNICEF e Mercy Corps tamén traballa na mellora do acceso áauga en Ramtha, outra cidade no norte de Xordania que recibe os refuxiados: "O traballo que facemos aquí non só axudará aos refuxiados sirios no campamento, senón que tamén servirá ás persoas nas comunidades circundantes", afirma Hameed. Espérase que os novos pozos de Za'atari estean rematados a mediados de novembro. Aínda que, como todos os días chegan novas familias procedentes de Sirya, o traballo de Abu Omar para garantir que a auga se utilice do xeito máis racional posible, resulta fundamental.