Xuntos por África consegue 154.000 euros para o Corno de África

A campaña Juntos por África, posta en marcha pola Obra Social "a Caixa", en colaboración coas fundacións do Real Madrid e do FC Barcelona, logrou reunir máis de 154.355 euros para contribuír a paliar a crise humanitaria que afecta a millóns de persoas no Corno de África.  

Os fondos conseguidos distribuiranse a partes iguais entre UNICEF, ACNUR e aFAO para proxectos nas zonas afectadas pola fame e a seca en Etiopía, Kenya, Somalia e Djibouti.  

A Obra Social "a Caixa" abriu a súa conta solidaria o pasado decembro animando os cidadáns a realizar as súas achegas a través de   www.juntosxafrica.come das oficinas e canles electrónicas de "aCaixa" (web Liña Aberta e caixeiros automáticos).  
 
Pola súa banda, as fundacións dos dous clubs de fútbol cederon material exclusivo asinado polos xogadores máis carismáticos e representativos de ambos os dous equipos para promover mediante un sorteo a participación do máximo número de persoas.  
 
Jaime Lanaspa, Director Executivo da Obra Social "a Caixa";Enrique Sánchez, Vicepresidente Executivo da Fundación Real Madrid; Josep Cortada, Director Xeral da FundaciónPrivada Fútbol Club Barcelona; Paloma Escudero, Directora Executiva de UNICEFEspaña; María Ángeles Siemens, Directora Xeral do Comité Español de ACNUR, e Beatriz Beeckmans, Voceiro da FAO, asinaron hoxe en Madrid tres convenios para establecer a xestión das doazóns conseguidas e destinalas integramente e a partes iguais ás tres organizacións.

Proxecto de UNICEF

UNICEF destinará os fondos outorgados aloitar contra a desnutrición aguda grave en Somalia. Con esta cantidade pódese proporcionartratamento contra a desnutrición aguda grave a1.285 nenos de entre 6 meses e 5 anos. Este tratamento completo consiste na toma de 2-3 unidades de alimento terapéutico durante 4-6 semanas, e ten un custo de 42 euros. Con esta achega UNICEF poderá distribuír máis de 100.000 unidades de alimento terapéutico.  
 
Catro países do Corno de África (Somalia, Kenya, Etiopía e Djibouti) sofren unha emerxencia nutricional dende o pasado verán. A masiva resposta internacional conseguiu importantes logros, como a desaparición da fame en Somalia. Non obstante, máis de 8 millóns de persoas continúan necesitando axuda urxente na rexión e máis de 320.000 nenos menores de cinco anos teñen desnutrición aguda severa.