A falta de auga potable, saneamento e hixiene provoca a morte de 1.400 nenos menores de cinco anos cada día
UNICEF celebra o Día Mundial do Lavado de Mans, unha medida simple que serve para evitar enfermidades mortaisNa celebración do sexto Día Mundial do Lavado de Mans, UNICEF presenta novas cifras que revelan que 1.400 nenos menores de cinco anos morren cada día debido ás enfermidades diarreicas provocadas pola falta de auga potable, saneamento e hixiene.
“Unha das formas máis eficaces de salvar as vidas dos nenos é simplemente que se laven as mans con xabón", diSanjay Wijesekera, xefe mundial dos programas de Agua, Saneamento e Hixiene de UNICEF (WASH nas súas siglas en inglés). "Lavarse as mans antes de comer e despois de defecar reduce drasticamente a propagación da diarrea, e ten efectos duradeiros na saúde e o benestar dos nenos e as comunidades". A diarrea segue sendo a segunda causa máis importante da morte dos nenos de menos de cinco anos no mundo. Debido ás enfermidades diarreicas máis de 600.000 nenos morren ao ano, dun total de máis de 1,7 millóns de casos. Estas enfermidades tamén agravan a posibilidade de que os nenos teñan desnutrición crónica (atraso no crecemento) e supoñen un custo enorme para a sociedade. Pero hai unha solución simple e barata para evitar a infección: lavarse as mans con xabón. As actividades do Día Mundial do Lavado de Mans promoven o lavado de mans e dan a coñecer a súa importancia crucial na supervivencia infantil e na saúde da comunidade en xeral. En Etiopía, uns cinco millóns de nenos participarán en actividades de lavado de mans. En Iemen realizaranse actos do Día Mundial do Lavado de Mans en 3.300 escolas, con participarana de case un millón e medio de nenos. Tamén haberá unha campaña nos medios de comunicación para concienciar sobre a importancia de lavarse as mans. Un millar de escolares en Viet Nam celebrarán este día, e tamén o farán os alumnos de 450 escolas primarias en Serra Leoa e de 424 en Malí; de 200 escolas en 50 comunidades de Gambia; de 12 cidades en Indonesia; e de 22 centros educativos en varios municipios de Bolivia.
En España, os máis de 4.000 centros educativos vinculados a eEnrédate (www.enredate.org), o programa educativo de UNICEF Comité Español, traballarán unha proposta didáctica co fin de que os alumnos poidan poden converterse en portadores dunha mensaxe de hixiene e solidariedade apoiándose na canción Lávate as mans de Os Lunnis, Embaixadores de UNICEF Comité Español. O tema deste ano, anunciado pola Asociación Mundial público-privada para o lavado de mans, que inclúe a UNICEF, é El poder está nas túas mans; porque todo o mundo ten o poder de lograr que as comunidades sexan máis saudables se se lavan as mans con xabón. "Os datos son claros. Todos os individuos -nais, nenos, mestres, e todos os membros da sociedade- poden contribuír a mellorar a saúde con só se lavar as mans", di Wijesekera. "Se vostede soubese que existe unha solución de importancia monumental que podería beneficiar ao mundo enteiro, poñeríaa en práctica. Todo o mundo ten este poder: trátase simplemente de empaparse as mans con auga e xabón, fregalas para que saia escuma e enxaugalas".