As últimas estatísticas de UNICEF poñen de relevo a brecha da desigualdade e a exclusión que sofren millóns de nenos e nenas
Ante a próxima conmemoración do 25 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, un informe de UNICEF destaca os grandes avances pero subliña a necesidade de innovar para atallar as desigualdades e lograr chegar a todos os nenosResaltando que "cada neno conta", UNICEF instou hoxe a realizar un maior esforzo e impulsar a innovación para identificar e abordar as brechas que impiden que os nenos máis desfavorecidos de entre os 2.200 millóns que hai no mundo gocen dos seus dereitos.
Nun informe difundido hoxe, a axencia da ONU para a infancia subliña a importancia de contar con datos para lograr avances para os nenos, e de poñer de manifesto o acceso desigual a servizos básicos e a sistemas de protección, algo que dana as vidas de tantos nenos. "Os datos permitiron salvar e mellorar as vidas de millóns de nenos, especialmente dos máis desfavorecidos", dixo Tessa Wardlaw, xefe da sección de Datos e Análise de UNICEF. "Só se poderá progresar máis se sabemos que nenos son os máis desatendidos, onde hai nenos e nenas que non poden ir á escola, onde hai enfermidades descontroladas ou onde falta saneamento básico". Dende que en 1989 se asinou a Convención sobre os Dereitos do Neno lográronse grandes progresos, ao igual que no avance dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio de 2015. O Estado Mundial da Infancia 2014 en cifras, o informe anual máis importante de UNICEF, reflicte que: -Uns 90 millóns de nenos terían morto antes de cumprir os 5 anos se as taxas de mortalidade infantil se tivesen mantido nos niveis de 1990, pero sobreviviron. En boa medida, isto débese aos progresos realizados en ámbitos como a vacinación, a saúde ou os servizos de auga e saneamento. -As melloras nos niveis de nutrición dende 1990 produciron unha redución do 37% no número de nenos con atraso do crecemento. -A matriculación de nenos en ensino primario aumentou, mesmo nos países menos desenvolvidos: mentres que en 1990 só 53 de cada 100 nenos neses países entraba na escola, en 2011 a cifra era de 81 de cada 100. Aínda así, as estatísticas do informe titulado 'Cada neno conta: desvelando disparidades, avanzando nos dereitos da infancia' tamén pon o foco nas violacións de dereitos da infancia que se seguen producindo:
-Uns 6,6 millóns de nenos menores de 5 anos morreron en 2012, a maioría debido a causas prevenibles, o cal viola o seu dereito fundamental a vivir e desenvolverse. -O 15% dos nenos do mundo teñen que traballar, comprometendo o seu dereito a ser protexidos da explotación económica e vulnerando o seu dereito a aprender e xogar. -O 11% das nenas casa antes de cumprir os 15 anos, poñendo en risco os seus dereitos á saúde, educación e protección. Os datos tamén revelan brechas e desigualdades, mostrando que os logros conseguidos en desenvolvemento están distribuídos de xeito desigual: -Os nenos máis pobres do mundo teñen case tres veces (2,7) menos posibilidades que os máis ricos a nacer baixo a atención de persoal cualificado, o cal os deixa a eles e ás súas nais en alto risco de sufrir complicacións relacionadas co parto. -En Níxer, só o 39% dos fogares rurais -fronte ao 100% dos urbanos- ten acceso a auga potable. -En Chad, de cada 100 nenos que estuda secundaria só fano 44 nenas. Isto déixaos sen educación, e sen os servizos e a protección que os colexios poden proporcionar.
O informe destaca que "contar cos nenos lles fai visibles, e este acto de recoñecemento fai posible abordar as súas necesidades e avanzar nos seus dereitos". Ademais sinala que innovar na recollida de datos, a súa análise e a súa difusión posibilita desagregar os datos por factores como a situación, riqueza, sexo, etnia ou minusvalidez, para incluír os nenos que foron excluídos ou ignorados en estatísticas máis xerais. O informe insta a realizar un maior investimento en innovación para corrixir o erro da exclusión. "A exclusión remata cando empezan a usarse datos inclusivos. Para mellorar o alcance, a dispoñibilidade e a fiabilidade dos datos sobre as privacións ás que se enfrontan os nenos e as súas familias, as ferramentas de recompilación e análise son modificadas constantemente -e estanse a desenvolver outras novas. Isto requirirá compromiso e un investimento continuado", di o informe. Moito do que sabe sobre a situación dos nenos procede de enquisas realizadas en fogares, en particular das Enquisas de Indicadores Múltiples (MICS, nas súas siglas en inglés). Deseñadas e apoiadas por UNICEF, as MICS son realizadas por organizacións estatísticas nacionais e proporcionan datos desagregados sobre un rango de temas que afectan á supervivencia, o desenvolvemento, os dereitos e a experiencia de vida dos nenos. Ata o momento, as MICSrealizáronse en máis de 100 países. Na última rolda participaron máis de 650.000 fogares de 50 países. Pasaron 30 anos dende que se empezase a publicar o Estado Mundial da Infancia, que inclúe táboas con estatísticas nacionais e globais estandarizadas, que ofrecen unha foto detallada da situación da infancia. Co lanzamento desta edición do informe dedicada aos datos estatísticos, UNICEF invita aqueles que teñen a responsabilidade de tomar decisións e o público en xeral a acceder e utilizar estas estatísticas dispoñibles enwww.data.unicef.org para fomentar cambios positivos para os nenos.
"Os datos non cambian o mundo por si mesmos. Fan posible o cambio, identificando necesidades, apoiando a concienciación e medindo o progreso. O máis importante é que aqueles que toman decisións usan os datos para facer un cambio en positivo, e que os datos estean dispoñibles para que os nenos e as comunidades os utilicen como suxeitos de dereito".
###
Video e fotografías dispoñibles en:http://weshare.unicef.org/mediaresources
Para ler o informe Estado Mundial da Infancia: http://www.unicef.org/spanish/sowc2014/numbers/
Máis información sobre as Enquisas de Indicadores Múltiples: http://www.childinfo.org/mics.html