Blame and Banishment: The Underground HIV Epidemic Affecting Children in Eastern Europe and Central Asia
Blame and Banishment (Culpa e desterro)é unha chamada para abordar os baleiros aínda existentes na resposta ao VIH na rexión de Europa Oriental e Asia Central.
É un chamamento para a protección dos dereitos e a dignidade dos nenos, nenas e rapazas que son vulnerables, están en risco ou viven co VIH. É tamén unha chamada a construír unha contorna de igualdade, confianza e atención, en lugar de condenar á infancia a unha condena de culpa e desterro.
Este informe dá vida ás experiencias dos nenos, as familias e os mozos que viven co VIH. Dá voz ás súas historias de desesperación, estigma e exclusión social, así como á súa coraxe e esperanza.
Explora os fallos sistemáticos na resposta ás súas necesidades e destaca algunhas boas prácticas. Tamén describe as contradicións ás que se enfrontan os nenos e os mozos, particularmente aqueles que corren máis risco de VIH, no seu día a día: as sociedades insisten en que se axusten ás normas sociais, pero exclúeos e márcaos como inadaptados; os sistemas de saúde e de protección social non responden as súas necesidades e reducen as súas posibilidades de vivir unha vida normal, pero cúlpanos cando non poden facer fronte á súa situación.
O informe só se atopa dispoñible en inglés.