Estado de la Infancia en Asia y el Pacífico 2008 (Estado da infancia en Asia e o Pacífico 2008)

 

UNICEF presenta a primeira edición anual desta publicación, que complementa ao informe sobre o Estado Mundial da Infancia 2008. O informe fai unha análise máis específica sobre as tendencias de supervivencia infantil da rexión de Asia e o Pacífico, onde vive a metade da poboación infantil mundial.

O sólido crecemento económico da rexión, o máis acelerado no mundo dende 1990, sacou da pobreza a millóns de persoas. A supervivencia infantil, considerada por UNICEF como un indicador clave do avance de calquera país en desenvolvemento humano e en dereitos da infancia, mellorou considerablemente.

Con todo, os logros están baixo a sombra de profundas desigualdades, como o feito de que os mais desfavorecidos non poidan recibir atención sanitaria.