Informe anual de UNICEF 2007

 

O Informe Anual 2007 describe o labor de UNICEF en nome dos nenos e nenas do mundo e das súas familias en 155 países e territorios.

O informe presenta un panorama xeral dos problemas e os logros de UNICEF e da súa ampla rede de aliados na misión de acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Entre os puntos máis destacados cabe sinalar a histórica redución na morte de menores de cinco anos, inferior aos 10 millóns en 2006; as campañas de fomento da escolarización en países que saen dunha situación de emerxencia; os programas innovadores para evitar a transmisión da VIH de nai a fillo e as respostas sobre o terreo aos cataclismos naturais e creados polos seres humanos.