Memoria Anual UNICEF España 2009
A memoria anual de UNICEF España resume as actividades que realizou a organización durante o último ano, incluíndo as cifras da xestión económica do ano.
O 2009 foi un ano marcado pola crise, a inseguridade alimentaria, os conflitos e os desastres naturais e os máis afectados son os fogares máis pobres e, dentro deles, os nenos.
Tamén é moi importante destacar algúns avances no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, como a redución da mortalidade infantil, o aumento do número de nenos que acoden á escola ou a ampliación do abastecemento de auga potable.
UNICEF está convencido de que hoxe máis que nunca é preciso manter e incrementar o investimento na infancia.